Taller 22. Idadismo e mercado laboral. Discriminación e proteción da saúde

Formación en liña de 2 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre como as organizaciónss poden incorporar a perspectiva da idade nas súas políticas e estratexia e materializar un compromiso coa erradicación de situacións discriminatorias por razón da idade desde un enfoque positivo da diversidade xeracional que fomente a sustentabilidade do emprego.

2 horas

Presencial e por streaming

Idioma: galego

Certificado de aproveitamento ao completar o taller

Docentes

Noelia Filgueiras, Headhunter e consultora de RRHH do Grupo Clave

Raquel María Naveiro Santos, Maxistrada no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Nieves Lorenzo Espeso, Xefa da Área Técnica de Medicina do Traballo, Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada no Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA)

Aprende ao teu ritmo

O taller formativo se levará a cabo a través dunha sesión presencial que será retrasmitida tamén por streaming e que terá lugar o 9 de novembro de 2023 en horario de tarde (de 16:30 a 18:40 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.

Que inclúe este taller?

Publicacións científicas sobre a xestión da idade e a PRL e a importancia da PST e a proteción das persoas traballadoras especialmente sensibles

Nota técnica de prevención NTP 1176 Idade e diversidade xeracional na xestión da seguridade e saúde: Accións claves

Principais pronunciamentos dos Tribunais

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

A duración desta sesión será de 2 horas e adecuarase á siguinte estrutura:

16:00 – 16:30 h Café de benvida

16:30 – 16:40 h Presentación da xornada

Representante da Xunta de Galicia

16:40 – 17:20 h A perspectiva dos Recursos Humanos

Noelia Filgueiras. Headhunter e consultora de RRHH de Grupo Clave

17:20 – 18:00 h Principais pronunciamentos xurisprudenciais

Raquel María Naveiro Santos. Maxistrada no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

18:00– 18:40 h A xestión da idade desde a óptica da Seguridade e Saúde Laboral e os beneficios dos programas de promoción da Saúde no lugar de traballo

Nieves Lorenzo Espeso. Xefa da Área Técnica Medicina do Traballo, Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada no Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA)

Para inscribirse á xornada presencial e consultalo programa debe clikar AQUÍ e para seguir a sesión por streaming encontrará indicacións ao inscribirse no taller.

Se quere obtelo certificado de aproveitamento do taller, ademáis de asistir á xornada, presencialmente ou por streaming, deberá responder satisfactoriamente, polo menos ao 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.

Duración

Entre o 09/11/2023 e o 16/11/2023.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión presencial e que se retrasmitirá tamén por streaming e que se celebrará o día 9 de novembro de 2023 de 16:30 a 18:40 h.

Así mesmo, as persoas participantes terán ata o xoves 16 de novembro de 2023 para responder ao test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 8 de novembro de 2023 ás 23:59 horas.

Prazas limitadas.
Quero incribirme ao taller.