Taller 20. Patriarcado e estrutura social: Repercusións a nivel laboral

Formación en liña de 2 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre como condiciona o sistema patriarcal as formas de vida e a visión que teñen os individuos da realidade social, así como entender a importancia da dimensión laboral no cambio cara unha maior igualdade e unha real democracia paritaria e compartida.

2 horas

Presencial e por streaming

Idioma: galego

Certificado de aproveitamento ao completar o taller

Docentes

Jorge García Marín,Profesor de socioloxía da Universidade de Santiago de Compostela

Aprende ao teu ritmo

O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión presencial que será restrasmitida tamén por streaming e que terá lugar o 20 de setembro de 2023 en horario de tarde (de 16:00 a 18:00 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.

Que inclúe este taller?

O paradigma Rubiales / RFEF como exemplo de organización patriarcal

A gramática masculina de liderazgo

Machismo e postmachismo: Análise sociolóxicoo dos ámbitos de reprodución das masculinidades hexemónicas

Firewalls que perpetúan as estruturas patriarcais no ámbito laboral

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

A duración desta sesión será de 2 horas e adecuaranse á seguinte estrutura:

16:00 – 16:10 h Presentación da xornada

Representante da Xunta de Galicia

16:10 – 17:40 h Patriarcado e estrutura social: Repercusións a nivel laboral

Jorge García Marín. Profesor de socioloxía da Universidade de Santiago de Compostela

17:40– 18:00 h Debate

Para inscribirse á xornada presencial e consultar o programa debe premer AQUÍ e para seguir a sesión por streaming atopará indicacións ao inscribirse no taller.

Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademais de asistir á xornada, presencialmente ou por streaming, deberá responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.

Duración

Entre o 20/09/2023 e o 27/09/2023.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en presencial e que se retrasmitirá tamén por streaming que se celebrará o día 20 de setembro de 2023 de 16:00 a 18:00 h.

Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o mércores 27 de setembro de 2023 para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 19 de setembro de 2023 ás 23:59 horas.

Prazas limitadas.
Quero incribirme ao taller.