Formación en liña de 2 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre como sensibilizar e promover unha tolerancia cero facilitando o acceso á información dos dereitos laborais para as vítimas de violencia de xénero.
2 horas
Presencial e por streaming
Idioma: galego
Certificado de aproveitamento ao completar o taller
Docentes
Ruth Vallejo Da Costa,Profesora de dereito do traballo e da seguridade social da Universidade de Zaragoza
María Ángeles García Pérez, Consultora especializada en materia de Igualdade Laboral
Aprende ao teu ritmo
O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión presencial que será restrasmitida tamén por streaming e que terá lugar o 24 de maio de 2023 en horario de tarde (de 17:30 a 19:30 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.
Sinalar que, a xornada caracterizarase polo seu carácter dinámico e participativo, tanto en canto as persoas convidadas exporán como incorporan a prevención da violencia de xénero nos plans de igualdade.
En concreto, celebrarase unha mesa redonda onde participaran persoas traballadoras das empresas:
- Grupo Cuevas, S.A.
- Proyecon Galicia, S.L.
Que inclúe este taller?
Normativa de aplicación
A prevención da violencia de xénero, incluído o acoso sexual, desde a xestión da prevenciñon de riscos laborais
O exercicio dos dereitos de redución de xornada, reordenación do tempo de traballo, a aplicación do horario flexible ou doutras formas de ordenación do tempo de traballo, recoñecidos legalmente, ás vítimas de violencia de xénero
O asesoramento ou apoio profesional psicolóxico e/o médico ás vítimas de violencia de xénero
A ampliación dos dereitos laborais legalmente establecidos para as vítimas de violencia de xénero
A incorporación de accións de mellora nos Plans de Igualdade
Protocolo de prevención e actuación ante a violencia de xénero nas empresas
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
A duración desta sesión será de 2 horas e adecuaranse á seguinte estrutura:
17:00 – 17:30 h Café
17:30 – 17:40 h Presentación da xornada
Representante da Xunta de Galicia
17:40 – 18:25 h Os dereitos laborais legalmente establecidos para as vítimas de violencia de xénero e a súa posible aplicación. A prevención da violencia de xénero, incluído o acoso sexual, desde a xestión da prevención de riscos laborais.
Ruth Vallejo da Costa. Profesora de dereito do traballo e da seguridade social da Universidade de Zaragoza
18:25 – 19:10 h Incorporación de accións de mellora nos Plans de Igualdade. Protocolo de prevención e actuación ante a violencia de xénero nas empresas.
Maria Ángeles García Pérez. Consultora especializada en materia de igualdade laboral
19:10– 19:30 h Mesa redonda. Experiencias concretas de empresas
Grupo Cuevas, S.A.
María José Fernández Robledo. Responsable de RRHH e desenvolvemento de persoas
Proyecon Galicia, S.L.
Carmen Aguirre González. Directora de sistemas de xestión
Para inscribirse á xornada presencial e consultar o programa debe premer AQUÍ e para seguir a sesión por streaming atopará indicacións ao inscribirse no taller.
Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademais de asistir á xornada, presencialmente ou por streaming, deberá responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.
Duración
Entre o 24/05/2023 e o 31/05/2023.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en presencial e que se retrasmitirá tamén por streaming que se celebrará o día 24 de maio de 2023 de 17:30 a 19:30 h.
Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o mércores 31 de maio de 2023 para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o 23 de maio de 2023 ás 23:59 horas.
Prazas limitadas.
Quero incribirme ao taller.