Taller 16. Protección social e igualdade

Formación en liña de 4 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre a protección social: colectivos especialmente vulnerables.

4 horas

En liña

Idioma: galego

Certificado de aproveitamento ao completar o taller

Docentes

Raquel María Naveiro Santos, Maxistrada no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

María Victoria Regueira Rodríguez, Letrada da Administración da Seguridade Social

Aprende ao teu ritmo

O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 10 de maio de 2023 en horario de tarde (de 16:00 a 20:00 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.

Que inclúe este taller?

Igualdade e non discriminación en materia de SS

Prestacións sociais con perspectiva de xénero

-Prestacións de supervivencia
-Prestacións das familias monoparentais
-Complementos de fenda de xénero
-Ingreso mínimo vital
-Desemprego no sistema especial das empregadas do fogar
-Enfermidades profesionais
-Outras prestacións

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

A duración desta sesión será de 4 horas e adecuaranse á seguinte estrutura:

16:00 – 16:15 h Presentación do taller

Representante da Dirección Xeral de Relacións Laborais

16:15 – 17:45 h Igualdade e non discriminación en materia de SS. Prestacións sociais con perspectiva de xénero I

Raquel María Naveiro Santos. Maxistrada no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

María Victoria Regueira Rodríguez. Letrada da Administración da Seguridade Social

17:45 – 18:00 h Rolda de consultas

18:00 – 18:15 h Descanso

18:15 – 19:45 h gualdade e non discriminación en materia de SS. Prestacións sociais con perspectiva de xénero II

Raquel María Naveiro Santos. Maxistrada no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

María Victoria Regueira Rodríguez. Letrada da Administración da Seguridade Social

19:45 – 20:00 h Rolda de consultas

Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademais de ter asistido á sesión en liña, deberá responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.

Duración

Entre o 08/05/2023 e o 15/05/2023.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o día 10 de maio de 2023 de 16:00 a 20:00 h.

Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o luns 15 de maio de 2023 para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 5 de maio de 2023 ás 23:59 horas.

Prazas limitadas.
Quero inscribirme ao taller.