Formación en liña de 2 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre o efecto da desconexión e o teletraballo en mulleres e homes. Negociación e normativa de aplicación.
2 horas
Presencial e por streaming
Idioma: galego
Certificado de aproveitamento ao completar o taller
Docentes
Beatriz Sueiro Padín, Inspectora de Traballo e Seguridade Social
Alexandre Pazos Pérez, Profesor de Dereito do Traballo da Universidade de Vigo
Aprende ao teu ritmo
O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión presencial que será restrasmitida tamén por streaming e que terá lugar o 26 de abril de 2023 en horario de tarde (de 17:30 a 19:30 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.
Sinalar que, a xornada caracterizarase polo seu carácter dinámico e participativo, tanto en canto as persoas convidadas exporán como xestionan o teletraballo e a desconexión dixital nas súa empresas.
En concreto, celebrarase unha mesa redonda onde participaran persoas traballadoras das empresas:
- Ctag Idiada Safety Technology, S.L.
- Coverwind Solutions, S.L.U.
Que inclúe este taller?
A implantación de postos de traballo que se poden desenvolver a distancia total/parcial
Os dereitos laborais no traballo a distancia:
- Formación
- Promoción
- Participación e reunión
- Seguridade e saúde.
- Acoso laboral
- Desconexión
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
A duración desta sesión será de 2 horas e adecuaranse á seguinte estrutura:
17:00 – 17:30 h Café
17:30 – 17:40 h Presentación da xornada
Representante da Xunta de Galicia
17:40 – 18:25 h A aplicación do principio de igualdade nos protocolos de desconexión dixital
Beatriz Sueiro Padín. Inspectora de Traballo e Seguridade Social
18:25 – 19:10 h A aplicación do principio de igualdade nos protocolos de teletraballo
Alexandre Pazos Pérez. Profesor de Dereito do Traballo da Universidade de Vigo
19:10– 20:00 h Mesa redonda. Experiencias concretas de empresas
Ctag Idiada Safety Technology, S.L.
Susana Casal Mayo. Directora de RRHH
Coverwind Solutions, S.L.U.
Paula Estévez Castro. Responsable do Sistema Integrado de Xestión e Account Manager
Para inscribirse á xornada presencial e consultar o programa debe premer AQUÍ e para seguir a sesión por streaming atopará indicacións ao inscribirse no taller.
Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademais de ter asistir á xornada, presencialmente ou por streaming, deberá responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.
Duración
Entre o 26/04/2023 e o 03/05/2023.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en presencial e que se retrasmitirá tamén por streaming que se celebrará o día 26 de abril de 2023 de 17:30 a 19:30 h.
Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o mércores 3 de maio de 2023 para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o 25 de abril de 2023 ás 23:59 horas.
Prazas limitadas.
Quero incribirme ao taller.