Formación en liña de 2 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre o rexistro dos plans de igualdade: requisitos, prazos e contido mínimo dos plans de igualdade
2 horas
En liña
Idioma: galego
Certificado de aproveitamento ao completar o taller
Docentes
María del Carmen Sixto Vilas, Xefa de servizo de Relacións Laborais e Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Xunta de Galicia.
Tania Bastón Vilas, Xefa da Unidade Administrativa de Igualdade da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Xunta de Galicia.
Aprende ao teu ritmo
O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 12 de abril de 2023 en horario de tarde (de 16:00 a 18:00 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.
Que inclúe este taller?
Trámites necesarios, prazos e contidos mínimos para proceder ao rexistro dos plans de igualdade
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
A duración desta sesión será de 2 horas e adecuaranse á seguinte estrutura:
16:00 – 16:05 h Presentación do taller
Representante da Dirección Xeral de Relacións Laborais
16:05 – 16:50 h Negociación dos plans de igualdade
Maria del Carmen Sixto Vilas, Xefa de servizo de Relacións Laborais e Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Xunta de Galicia
16:50 – 17:05 h Rolda de consultas
17:05 – 17:45 h O rexistro dos plans de igualdade
Tania Bastón Vilas. Xefa da Unidade Administrativa de Igualdade da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Xunta de Galicia
17:45 – 18:00 h Rolda de consultas
Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademais de ter asistido á sesión en liña, deberá responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.
Duración
Entre o 10/04/2023 e o 17/04/2023.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o día 12 de abril de 2023 de 16:00 a 18:00 h.
Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o luns 17 de abril de 2023 para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o 5 de abril de 2023 ás 23:59 horas.
Prazas limitadas.
Quero inscribirme ao taller.