Formación en liña de 2,5 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre a integración da perspectiva de xénero na saúde laboral e no Plan de Prevención de Riscos Laborais.
2,5 horas
Presencial e por streaming
Idioma: galego
Certificado de aproveitamento ao completar o taller
Docentes
Miryam Garabito Cociña, Xefa de sección de Hixiene Industrial e Técnicas Analíticas. Centro ISSGA Lugo. Xunta de Galicia
Manuel Velázquez Fernández. Inspector de Traballo e Seguridade Social. Ministerio de Traballo e Economía Social
Aprende ao teu ritmo
O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión presencial que será restrasmitida tamén por streaming e que terá lugar o 29 de marzo de 2023 en horario de tarde (de 17:30 a 20:00 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.
Sinalar que, a xornada caracterizarase polo seu carácter dinámico e participativo, tanto en canto as persoas convidadas exporán como incorporan a prevención da violencia de xénero nos plans de igualdade.
En concreto, celebrarase unha mesa redonda onde participaran persoas traballadoras das empresas:
- Europastry, S.A. (Ingapan)
- Pescados Rubén, S.L.
- Cafés Candelas, S.L.
Que inclúe este taller?
A perspectiva de xénero nas avaliacións de riscos laborais
A saúde das mulleres traballadoras en situación de risco de embarazo e lactación
Accións de comunicación interna: o noso persoal. As adaptacións de posto de traballo
A PRL e o traballo a distancia
Medidas de prevención de riscos laborais con perspectiva de xénero
A saúde psicosocial e o acoso sexual
O risco de acoso na contorna dixital
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
A duración desta sesión será de 2,5 horas e adecuaranse á seguinte estrutura:
17:00 – 17:30 h Café
17:30 – 17:45 h Presentación da xornada
Representante da Xunta de Galicia
17:45 – 18:30 h A perspectiva de xénero na saúde laboral
Miryam Garabito Cociña, Xefa de sección de Hixiene Industrial e Técnicas Analíticas. Centro ISSGA Lugo. Xunta de Galicia
18:30 – 19:15 h A saúde psicosocial e o acoso sexual
Manuel Velázquez Fernández. Inspector de Traballo e Seguridade Social. Ministerio de Traballo e Economía Social
19:15 – 20:00 h Mesa redonda. Experiencias concretas de empresas
Europastry (Ingapan). S.A.
Ana Piñeiro. Responsable de Recursos Humanos
Pescados Rubén, S.L.
Amalia Fernández. Responsable de I+D
Cafés Candelas, S.L.
Marta Testa. Responsable de calidade e PRL
Para inscribirse á xornada presencial e consultar o programa debe premer AQUÍ e para seguir a sesión por streaming atopará indicacións ao inscribirse no taller.
Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademais de ter asistir á xornada, presencialmente ou por streaming, deberá responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.
Duración
Entre o 29/03/2023 e o 03/04/2023.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o día 29 de marzo de 2023 de 17:30 a 20:00 h.
Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o luns 3 de abril de 2023 para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o 28 de marzo de 2023 ás 23:59 horas.
Prazas limitadas.
Quero incribirme ao taller.