Taller 12. A linguaxe inclusiva no ámbito laboral

Formación en liña de 2 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre a integración da igualdade na comunicación interna e externa inclusiva e non sexista.

2 horas

En liña

Idioma: galego

Certificado de aproveitamento ao completar o taller

Docentes

Noelia López Álvarez, Consultora de Igualdade e RSE. IntheMOVE. Consultoría de Estrategia Responsable e Innovación Social

Aprende ao teu ritmo

O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 15 de marzo de 2023 en horario de tarde (de 16:00 a 18:00 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.

Sinalar que, nesta ocasión contarase coa presenza de dúas empresas que falarán sobre como integran o principio de igualdade na comunicación interna e externa da súa empresa.

  • Toldos Gómez S.L.
  • Accede Social S.L.

Que inclúe este taller?

A transversalidade do principio de igualdade a través da linguaxe

Técnicas comunicación non sexista e inclusiva

Accións de comunicación interna: o noso persoal.

Accións de comunicación externa: clientela, empresas provedoras e resto de grupos de interese.

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

A duración desta sesión será de 2 horas e adecuaranse á seguinte estrutura:

16:00 – 16:05 h Presentación do taller

Representante da Dirección Xeral de Relacións Laborais

16:05 – 17:20 h A linguaxe e a comunicación interna e externa inclusiva

Noelia López Álvarez. Consultora de Igualdade e RSE. IntheMOVE, Consultoría de Estrategia Responsable e Innovación Social

17:20 – 17:30 h Rolda de consultas

17:30 – 18:00 h Empresas convidadas

Toldos Gómez S.L.

Alberto Chouza Ponte. Director de RRHH 

Accede Social S.L.

Silvia Alende Fandiño. Xerente

Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademais de ter asistido á sesión en liña, deberá responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.

Duración

Entre o 13/03/2023 e o 20/03/2023.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o día 15 de marzo de 2023 de 16:00 a 18:00 h.

Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o luns 20 de marzo de 2023 para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 10 de marzo de 2023 ás 23:59 horas.

Prazas limitadas.
Quero inscribirme ao taller.