Formación mixta de 2 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre a integración do principio de igual retribución por traballo iguais e de igual valor.
2 horas
Presencial ou por streaming
Idioma: galego
Certificado de aproveitamento ao completar o taller
Docentes
Sandra García Lombardía, Inspectora de Traballo e Seguridade Social
Jose Fernando Lousada Arochena, Maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
Aprende ao teu ritmo
O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión presencial que se retrasmitirá por streaming e que se celebrará o 28 de febreiro de 2023 en horario de tarde (de 17:30 a 19:30 h) na Coruña (Espazo Amizar. Rúa Gregorio Hernández, 2-4, 15011, A Coruña ), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.
Sinalar que, nesta ocasión a xornada caracterizarase polo seu carácter dinámico e participativo, tanto en canto as persoas convidadas exporán como integran o principio de igualdade na retribución e auditoría retributiva.
En concreto, celebrarase unha mesa redonda onde participaran persoas traballadoras das empresas:
- Congalsa S.L.
- Galopín Playgrounds S.L.
Que inclúe este taller?
O principio de igualdade retributiva. Ferramentas para a aplicación do principio de traballo de igual valor
A análise dos complementos salariais, extrasalariais, incentivos, beneficios sociais, etc. desde unha perspectiva de xénero
A aplicación de criterios obxectivos e neutros como garantía do principio de igualdade retributiva
Os criterios claros, obxectivos e neutros nos conceptos retributivos e complementos salariais e extrasalariais
O estudo de valoración de posto de traballo como base para a fixación da política retributiva
As medidas de acción positiva para reducir o eliminar a fenda salarial de xénero
Ferramentas: O rexistro retributivo e a auditoría retributiva
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
A duración desta sesión será de 2 horas e adecuaranse á seguinte estrutura:
17:00 – 17:30 h Café
17:30 – 17:45 h Presentación da xornada
Representantes da Xunta de Galicia
17:45 – 18:20 h Igualdade e transparencia retributiva dende a perspectiva da Inspección de Traballo
Sandra García Lombardía. Inspectora de Traballo e Seguridade Social
18:20 – 18:55 h Igual retribución polo traballo de igual valor: A visión da xurisprudencia
Jose Fernando Lousada Arochena. Maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
18:55 – 19:30 h Mesa redonda. Experiencias concretas de empresas
Congalsa S.L. (A Coruña)
Juan Carlos Rama Bermúdez. Director de RRHH e coordinador de RSE
Galopín Playgrounds S.L. (A Coruña)
Diana García García. Responsable do departamento de calidade de Grupo Cetus (Galopín, Gefico, Salgueiras, Salvis, Dubra)
Para inscribirse á xornada presencial e consultar o programa debe premer aquí e para seguir a sesión por streaming atopará indicacións ao inscribirse no taller.
Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademais de ter asistir á xornada, presencialmente ou por streaming, deberá responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.
Duración
Entre o 28/02/2023 e o 07/03/2023.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión presencial retrasmitida por streaming que se celebrará o día 28 de febreiro de 2023 de 17:30 a 19:30 h.
Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o martes 7 de marzo de 2023 para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o 27 de febreiro de 2023 ás 23:59 horas.
Prazas limitadas. Quero incribirme ao taller.