Formación en liña de 10 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se profundará sobre conceptos de acoso sexual e por razón de sexo, facilitando a identificación de conductas que poden ser constitutivas do mesmo. Na formación, ue terá lugar entre o 21 de novembro do 2022 e o 23 de decembro do 2022, trataranse as consecuencias xurídicas do acoso e a súa tipificación no orde penal e administrativo, así como a aplicación de políticas de prevención e tratamento do acoso sexual e por razón de sexo no traballo, proporcionando ás persoas participantes ás ferramentas e modelos para a posta en práctica de ditas políticas e as orientacións prácticas para a investigación de situacións de acoso sexual e por razón de sexo no traballo.
Docentes, estrutura e desenvolvemento
- Sandra García Lombardía, Inspectora de traballo e seguridade social.
A duración do curso será de 10 horas e este adecuarase á seguinte estrutura:
- Módulo teórico (6,5 h)
- Módulo práctico (3,5 h)
Os requisitos para obter o certificado de aproveitamento do curso son:
- Asistir e participar activamente na sesión en liña– Resolución de casos prácticos que terá lugar o 14 de decembro de 2022 de 16:30h a 19:00h
- Responder satisfactoriamente, polo menos, o 70% das cuestións expostas nun dos test de avaliación.
Carácter preferente:
Hai un total de 80 prazas. Por orde de inscrición, darase preferencia ás persoas que cumpran os seguintes requisitos:
- Pertencer a unha empresa onde non haxa persoas que xa obtiveron o certificado de aproveitamento do curso
- Ocupación: Traballo por conta allea ou Traballo por conta propia
- Perfil: Perfís relacionados coa implantación dun protocolo de acoso ( Responsable de recursos humanos, Persoal técnico, persoal de administración)
O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 16 de novembro. Para máis información pode acceder ó espazo web do curso.