Formación en liña de 4 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre o marco normativo do principio de igualdade e a igualdade na negociación colectiva. O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 25 de xaneiro de 2022 en horario de tarde (de 16:00 a 20:00 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas. Para apuntarse no taller hai que facelo, antes do 20 de xaneiro de 2022, a través do campus formativo.
Docentes, estrutura e desenvolvemento
- Jaime Cabeza Pereiro, Profesor catedrático de Dereito do traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo
- Teresa Pedrosa Silva, Inspectora de traballo e seguridade social
A duración deste taller será de 4 horas e este adecuarase á seguinte estrutura:
- 16:00 – 16:05 h Presentación do taller formativo. Representante da Dirección Xeral de Relacións Laborais
- 16:05 – 17:35 h Normativa e concepto de plan de igualdade. Teresa Pedrosa Silva
- 17:35 – 17:55 h Rolda de consultas
- 17:55 – 18:05 h Descanso
- 18:05 – 19:35 h Negociación colectiva: lexitimación e participación. Jaime Cabeza Pereiro
- 19:35 – 20:00 h Rolda de consultas
O único requisito para obter o certificado de aproveitamento do taller será asistir a sesión en liña e responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará dispoñible no campus en liña.