Recomendación do Comité de Ministros aos Estados membros para prevenir e combater o sexismo

Recomenda aos gobernos dos Estados membros que tomen medidas para prevenir e loitar contra o sexismo e as súas manifestacións nas esferas pública e privada,  que fomenten que as partes interesadas pertinentes adopten normativas, políticas e programas adecuados, que tamén informen aos comités reitores competentes do Consello de Europa das medidas adoptadas e o progreso alcanzado neste ámbito, e por último, que garantan a tradución e difusión (en formatos accesibles) desta recomendación, incluído o seu apéndice, ás autoridades e partes interesadas.

Se queres coñecer en detalle esta recomendación, preme nesta ligazón.