Quinta edición do curso sobre prevención e tratamento do acoso sexual no traballo

Formación en liña de 10 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se profundará sobre conceptos de acoso sexual e por razón de sexo, facilitando a identificación de conductas que poden ser constitutivas do mesmo. Ase mesmo, nesta formación trataranse as consecuencias xurídicas do acoso e a súa tipificación no orde penal e administrativo, así como a aplicación de políticas de prevención e tratamento do acoso sexual e por razón de sexo no traballo, proporcionando ás persoas participantes ás ferramentas e modelos para a posta en práctica de ditas políticas e as orientacións prácticas para a investigación de situacións de acoso sexual e por razón de sexo no traballo. A quinta edición do curso teórico-práctico sobre a prevención e tratamento do acoso sexual e por razón de sexo no traballo terá lugar entre o 17 de outubro do 2022 e o 17 de novembro do 2022. Para apuntarse no curso hai que facelo, antes do 7 de outubro de 2022, a través do campus formativo.

Docentes, estrutura e desenvolvemento

  • Sandra García Lombardía, Inspectora de traballo e seguridade social.

A duración do curso será de 10 horas e este adecuarase á seguinte estrutura:

  • Módulo teórico (6,5 h)
  • Módulo práctico (3,5 h)

Os requisitos para obter o certificado de aproveitamento do curso son:

  • Asistir e participar activamente na sesión en liña– Resolución de casos prácticos que terá lugar 10 de novembro de 2022 de 16:30h a 19:00h
  • Responder satisfactoriamente, polo menos, o 70% das cuestións expostas nun dos test de avaliación.

Hai un total de 80 prazas.  Por orde de inscrición, darase preferencia ás persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Pertencer a unha empresa onde non haxa persoas que xa obtiveron o certificado de aproveitamento do curso
  • Ocupación: Traballo por conta allea ou Traballo por conta propia
  • Perfil: Perfís relacionados coa implantación dun protocolo de acoso ( Responsable de recursos humanos, Persoal técnico, persoal de administración)