Primeiro taller en liña de igualdade laboral: O principio de igualdade. A orixe socio cultural das diferenzas de xénero. Situación do emprego feminino/coidados

Formación en liña de 4 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre a orixe socio cultural das diferenzas por razón de xénero e de sexo. O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 13 de xaneiro de 2022 en horario de tarde (de 16:00 a 20:00 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas. Para apuntarse no taller hai que facelo, antes do 9 de xaneiro de 2022, a través do campus formativo.

Docentes, estrutura e desenvolvemento

  • Ana Isabel Pérez Simal, Delegada de CCOO de Galicia
  • Mónica González Otero, Inspectora de traballo e seguridade social

A duración deste taller será de 4 horas e este adecuarase á seguinte estrutura:

  • 16:00 – 17:30 h A construcción social e cultural. Ana Isabel Pérez Simal
  • 17:30 – 17:55 h Rolda de consultas
  • 17:55 – 18:05 h Descanso
  • 18:05 – 19:35 h Emprego feminino. Datos estatísticos. Mónica González Otero
  • 19:35 – 20:00 h Rolda de consultas

O único requisito para obter o certificado de aproveitamento do taller será asistir a sesión en liña e responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará dispoñible no campus en liña.