Formación en liña de 2 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre o rexistro dos plans de igualdade: requisitos, prazos e contido mínimo dos plans de igualdade
2 horas
En liña
Idioma: galego
Certificado de aproveitamento ao completar o taller
Docente
Tania Bastón Vilas, Xefa da Unidade Administrativa de Igualdade da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Xunta de Galicia.
Aprende ao teu ritmo
O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 28 de maio de 2026 en horario de tarde (de 16:30 a 18:30 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.
Que inclúe este taller?
Trámites necesarios, prazos e contidos mínimos para proceder ao rexistro dos plans de igualdade
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
A duración desta sesión será de 2 horas e adecuaranse á seguinte estrutura:
16:30 – 16:35 h Presentación do taller
Pablo Fernández López. Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia.
16:35 – 18:15 h Negociación e rexistro dos plans de igualdade
Tania Bastón Vilas. Xefa da Unidade Administrativa de Igualdade da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia
18:15 – 18:30 h Rolda de consultas
Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademais de ter asistido á sesión en liña, deberá responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.
Duración
Entre o 28/05/2026 e o 04/06/2026.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o día 28 de maio de 2026 de 16:30 a 18:30 h.
Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o xoves 4 de xuño de 2026 para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o 27 de maio de 2026 ás 23:59 horas.
Prazas limitadas.
Quero inscribirme ao taller.