A dirección xeral de Relacións Laborais pon en marcha unha nova formación en liña, neste caso un curso de 35 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende facilitar ao tecido empresarial a incorporación da igualdade laboral, afondado nos coñecementos necesarios en todos os aspectos que conleva a elaboración dun plan de igualdade.
Tratase dunha ampliación do contido do curso básico de igualdade laboral de 8 horas de duración no que se profundará sobre as temáticas desenvoltas no mesmo:
- Negociación do Plan de Igualdade
- Contido do Plan de Igualdade. Seguimento e avaliación
- Rexistro e auditoría retributiva
Os e as docentes que impartirán o curso
Os e as docentes que impartirán o curso serán as seguintes:
- Ana Isabel Pérez Simal, Delegada de CCOO de Galicia
- Auxiliadora Zapata Navarro, Directora Club Empresas en Fundación Woman Forward
- Emma Rodríguez Rodríguez, Profesora de Dereito do traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo
- Esther Mariño Costales, Técnica de Igualdade na CIG
- Jaime Cabeza Pereiro, Profesor catedrático do Dereito do traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo
- Jose Fernando Lousada Arochena, Maxistrado no Tribunal Superior de Xusticia de Galicia
- Lucia Rial Pampin, Formadora e asesora en materia de Igualdade e RRHH
- Maria Ángeles García Pérez, Consultora especializada en materia de igualdade laboral
- María Del Carmen Sixto Vilas, Xefa de servizo de Relacións Laborais e Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Emprego e Igualdade. Xunta de Galicia
- María Ángeles García Pérez, Consultora especializada en materia de igualdad laboral
- Miryam Garabito Cociña, Xefa de sección de Hixiene Industrial e Técnicas Analíticas. Centro ISSGA Lugo. Xunta de Galicia
- Mónica González Otero, Inspectora de traballo e seguridade social
- Sandra García Lombardía, Inspectora de traballo e seguridade social
- Teresa Pedrosa Silva, Inspectora de traballo e seguridade social
Contidos e modalidade do curso
O curso avanzado en igualdade laboral de 35 horas consta dos seguintes contidos:
- A aproximación á normativa en materia de igualdade nas relacións laborais e problemática actual
- Negociación e elaboración dos plans de igualdade
- A PRL con enfoque de xénero
- A igualdade retributiva. Rexistro e auditoría retributiva
- Medidas para fomentar a igualdade laboral
- Protocolos para loitar contra o acoso sexual e por razón de sexo
- O rexistro dos plans de igualdade
O curso estará composto por unha parte teórica que consta de 7 módulos impartidos de forma pre-gravada e 3 clases prácticas en liña. O curso combinará actividades síncronas e asíncronas co obxectivo de que a experiencia do alumnado sexa o máis satisfactoria posible, permitindo que as persoas participantes poidan aprender ao seu propio ritmo e horario e, ao mesmo tempo, teñan a oportunidade de intercambiar coñecementos e experiencias e interactuar entre elas.
Se queres ampliar a información dos módulos podes ler a nova no campus formativo.
Prazos de inscrición
Poderás inscribirte no curso avanzado de igualdade laboral de 35 horas a través do acceso ao campus formativo, ata o 15 de decembro. O prazo de validacións de candidaturas será do 16 ao 17 de decembro e o curso comezará o 20 de decembro, cunha duración total de dous meses.