A nova lei integral para a igualdade de trato e a non discriminación

En pleno mes de xullo, publicouse no BOE a nova Lei 15/2022, do 12 de xullo, integral para a igualdade de trato e a non discriminación que ten por obxectivo garantir e promover o dereito á igualdade de trato e non discriminación en todos os sectores da sociedade, ben sexan públicos ou privados; por exemplo: na educación, sanidade, acceso á vivenda, á cultura… Dentro da lei ocupa un lugar especial o ámbito laboral.

Na xustificación da lei indícase que con ela búscase traspoñer de maneira máis adecuada ao ordenamento xurídico español os obxectivos e fins das Directivas 2000/43/CE, do Consello, do 29 de xuño de 2000, relativa á aplicación do principio de igualdade de trato das persoas independentemente da súa orixe racial ou étnica e a 2000/78/CE, do Consello, do 27 de novembro de 2000, relativa ao establecemento dun marco xeral para a igualdade de trato no emprego e a ocupación; así como incorporar certa xurisprudencia constitucional sobre o artigo 14 da Constitución Española.

Principais novidades da lei

Son tres as principais novidades da lei. A primeira delas é a que aumenta os supostos de discriminación. Introdúcese como novas causas de discriminación “a idade, a expresión de xénero, a enfermidade ou condición de saúde, o estado serológico e/o predisposicion xenética a sufrir patoloxías e trastornos, situación socioeconómica, ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social” (art. 2.1)

Outra novidade importante é que se regulan outros tipos de discriminación, máis aló da discriminación directa e indirecta. Así a lei define:

  • Discriminación por asociación, cando unha persoa ou grupo en que se integra, debido á súa relación con outra sobre a que concorra algunha das causas previstas de discriminación, é obxecto dun trato discriminatorio.
  • Discriminación por erro, é aquela que se funda nunha apreciación incorrecta acerca das características da persoa ou persoas discriminadas.
  • Discriminación múltiple, cando unha persoa é discriminada de maneira simultánea ou consecutiva por dúas ou máis causas das previstas na lei.
  • Discriminación interseccional, cando concorren ou interactúan diversas causas das previstas nesta lei, xerando unha forma específica de discriminación.

A discriminación interseccional é de especial interese na realización dos diagnósticos de igualdade, xa que se deberá de analizar se nas empresas prodúcense. Por exemplo, pensemos na discriminación interseccional que se produce no caso das mulleres con discapacidade.

Como última novidade, a lei incorpora como condutas discriminatorias en si mesmas, a indución, a orde ou a instrución de discriminar.

A igualdade no emprego

Un dos ámbitos de protección da norma é o laboral. O art. 9 regula o dereito á igualdade de trato e non discriminación no emprego por conta allea. Entre outras son destacables:

  • Non se poderán establecer limitacións, segregacións ou exclusións para o acceso ao emprego por conta allea, incluídos os criterios de selección, na formación para o emprego, na promoción profesional, na retribución, na xornada e demais  condicións de traballo, así como na suspensión, o despedimento ou outras causas de extinción do contrato de traballo.
  • Entenderanse discriminatorios os criterios e sistemas de acceso ao emprego, público ou privado, ou nas condicións de traballo que produzan situacións de discriminación indirecta.
  • A Inspección de Traballo e Seguridade Social incluirá, no seu plan anual integrado de actuación, o desenvolvemento de plans específicos sobre igualdade de trato e non discriminación no acceso ao emprego e nas condicións de traballo.
  • O empregador non poderá preguntar sobre as condicións de saúde da persoa aspirante ao posto.
  • Por vía regulamentaria poderase esixir ás empresas que teñan máis de 250 persoas traballadoras que publiquen a información salarial necesaria para analizar os factores das diferenzas salariais, @teniendo en cuenta as condicións ou circunstancias que poidan ser motivadoras de discriminación.

A lei tamén indica que as empresas poderán asumir a realización de accións de responsabilidade social consistentes en medidas para promover condicións de igualdade de trato e non discriminación das que informará os representantes dos e as traballadoras. Estas accións poderán ser concertadas coa representación legal das persoas traballadoras. As empresas poderán facer uso publicitario das súas accións de responsabilidade en materia de igualdade.

Isto implica un novo papel da RLPT como axente activo dentro das actuacións de responsabilidade social das empresas. Ademais, deben velar (xunto coas empresas) polo cumprimento do dereito á igualdade de trato e non discriminación e, en particular, en materia de medidas de acción positiva e da consecución dos seus obxectivos.

Coñecías esta nova lei e todo o que ela implica? Desde a Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia, traballamos para axudar a todas as entidades a comprender e aplicar a normativa en materia de igualdade e emprego.