• A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou na xornada formativa ‘Intelixencia emocional aplicada ás relacións laborais nas entidades da discapacidade’ onde vencellou o benestar laboral cunha maior produtividade

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2022.-A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou na xornada formativa Intelixencia emocional aplicada ás relacións laborais nas entidades da discapacidade, onde puxo en valor a aposta da Xunta de Galicia polo benestar laboral como unha das pancas para incrementar a produtividade e a competitividade das empresas e, porén, o crecemento económico de Galicia.

A Xunta está a elaborar a nova Lei de igualdade, na que e inclúen artigos dedicados ao benestar laboral “na firme crenza de que as políticas de conciliación, flexibilidade de horarios, o teletraballo, a protección da saúde e a defensa da igualdade e a promoción da responsabilidade social empresarial van conseguir a mellora social e laboral de toda a poboación traballadora e un avance máis rápido do crecemento económico de Galicia”, manifestou a directora xeral.

Mancha defendeu como “fundamental” que as persoas que se responsabilizan de dirixir as relacións laborais, de organizar o traballo e de dar instrucións e ordes teñan a maior formación posible nas habilidades relacionadas coa intelixencia emocional “para que poidan sacar o mellor do seu propio carácter e personalidade”. “Aplicar a paciencia e a empatía traerá consigo a mellora do clima laboral e o que é máis importante, o persoal identificarase coa empresa e a súa forma de traballar, sentirá as cores e con iso conseguirase fidelizar o talento”, remarcou.

O Goberno galego está a sentar as bases para que o benestar laboral constitúa unha prioridade nas empresas, animando a todas elas a organizar formacións como a de hoxe, dixo Mancha, que incidan na procura do equilibrio nas contornas de traballo para acadar unha maior implicación das persoas empregadas, reducindo as renuncias e a rotación.

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participará na xornada formativa Intelixencia emocional aplicada ás relacións laborais nas entidades da discapacidade.

Categorías

Actualidade igualdade laboral

Novas

Toda a actualidade e información de interese no ámbito da igualdade laboral.
Novidades en materia de igualdade laboral
29 Decembro 2022
Como cada mes, recapitulamos as novidades máis reseñables...
SEGUIR LENDO >
As achegas á igualdade laboral no ano 2022
22 Decembro 2022
O ano 2022 foi un período no que desde a Xunta de Galicia...
SEGUIR LENDO >
A Xunta avoga por unha ciencia en igualdade que cree máis oportunidades e aposte polo talento galego na entrega do premio Wonenburger 2022
20 Decembro 2022
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia,...
SEGUIR LENDO >
Lorenzana presenta o espazo de conciliación promovido no porto da Coruña pola Xunta de Galicia para axudar ás familias este Nadal
20 Decembro 2022
As instalacións, situadas no peirao do Parrote, abrirán...
SEGUIR LENDO >

Subscríbete ao noso boletín

E recibe todas as nosas novidades no teu correo electrónico.