Aberta a inscrición na cuarta edición do Curso prevención e tratamento do acoso sexual no traballo

Xa está aberto o prazo de inscrición para a cuarta edición do Curso teórico-práctico sobre a prevención e tratamento do acoso sexual e por razón de sexo no traballo. Este curso ten unha duración de dez horas e terá lugar entre o 17 de marzo e o 24 de abril do 2022. Tratase de unha formación en liña en materia de Igualdade Laboral a través da cal se profundará sobre conceptos de acoso sexual e por razón de sexo, facilitando a identificación de conductas que poden ser constitutivas do mesmo:

  • Marco normativo, conceptualización, elementos e exemplos de condutas
  • Obrigas das diferentes partes involucradas
  • A integración da prevención do acoso sexual e por razón de sexo na xestión da prevención de riscos laborais na empresa
  • Protocolo para a prevención e tratamento
  • A tutela administrativa e xudicial
  • Consecuencias xurídicas e protección das vítimas

Os requisitos para obter o certificado de aproveitamento do curso son:

  • Asistir e participar activamente na sesión en liña- Resolución de casos prácticos que terá lugar o 19 de abril de 2022 de 16:30h a 19:00h
  • Responder satisfactoriamente, polo menos, ao 70% das cuestións expostas no test de avaliación.

Para máis información pódese acceder ó espazo web https://igualdade-laboral.gal/

O prazo de inscrición estará aberto ata o 11 de marzo.