A Comisión Asesora de Publicidade non sexista acorda a elaboración deste informe sobre a imaxe das mulleres na publicidade nos medios de comunicación galegos, e indica que este informe proporciona unha ferramenta ao sector da publicidade para ollar a súa produción con “lentes de xénero” e lánzalles un reto á sua capacidade creativa, unha oportunidade de cambio, unha posibilidade de abrir novos espazos de desenvolvemento creativo que agardan sexan recollidos con esta visión polas e polos profesionais da publicidade.
Se queres visualizar o informe completo preme nesta ligazón.