Guía actualizada para a protección integral fronte condutas contra a liberdade sexual e a integridade moral nas pemes

Esta guía aborda cuestións como o acoso sexual e por razón de sexo no traballo; as súas consecuencias; as obrigas das empresas, da representación legal das persoas traballadoras e das persoas traballadoras; a integración da prevención do acoso sexual e por razón de sexo na xestión da prevención de riscos laborais da empresa; o protocolo para a súa prevención e tratamento e a tutela administrativa e xudicial fronte a estas situacións.

Se queres coñecer en detalle todos os aspectos que trata esta guía sobre o acoso sexual e por razón de sexo no traballo preme nesta ligazón.