• A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, compareceu esta tarde ante o Consello de Emprego, Política Social, Sanidade e Consumidores (Epsco) da Unión Europea, en Luxemburgo, en representación de todas as comunidades autónomas españolas

  • Solicitou o impulso da creación e consolidación dos centros especiais de emprego de iniciativa social e apuntou que o emprego constitúe un dos medios máis importantes para asegurar a autonomía e a plena participación deste colectivo na sociedade

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, demandou hoxe en Luxemburgo, na súa intervención ante o  Consello de Emprego, Política Social, Sanidade e Consumidores (Epsco) da Unión Europea, no que representou a todas as comunidades autónomas españolas, que a Unión Europea desenvolva “máis políticas concretas e vinculantes” que garantan a non discriminación e unha maior diversidade de persoas traballadoras en todos os ámbitos laborais.

Lorenzana solicitou, en concreto, medidas encamiñadas a garantir a formación e a adquisición de competencias profesionais para as persoas con discapacidade; recursos financeiros e o desenvolvemento de programas públicos que inclúan incentivos para a contratación deste colectivo; así como unha maior sensibilización dos empregadores de cara a disipar posibles prexuízos negativos de cara á contratación destas persoas.

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade tamén demandou o impulso da creación e consolidación dos centros especiais de emprego de iniciativa social, así como a integración da perspectiva de xénero no deseño, execución, seguimento e avaliación de todas estas políticas. “Todas estas medidas sempre teñen que estar encamiñadas a favorecer o tránsito do emprego protexido ao emprego ordinario”, apuntou.

Segundo explicou Lorenzana, o emprego constitúe un dos medios “máis importante” para asegurar a autonomía, o benestar e a plena participación das persoas con discapacidade e explicou que a non incorporación deste colectivo ao mercado laboral implica “unha perda inxustificada de talento humano”. Sinalou, ademais, que supón “unha desvantaxe para o desenvolvemento económico e social dos países” e apelou á promoción do emprego das persoas con discapacidade para conseguir un mercado de traballo inclusivo en Europa, que aborde o emprego das persoas con discapacidade “non como un problema, senón como unha oportunidade para toda a nosa sociedade”.

Categorías

Actualidade igualdade laboral

Novas

Toda a actualidade e información de interese no ámbito da igualdade laboral.
Últimos días para inscribirse no taller formativo “A Corresponsabilidade: o eixe central da igualdade laboral”
30 Novembro 2022
O vindeiro 7 de decembro remata o prazo de inscrición...
SEGUIR LENDO >
Novidades en materia de igualdade laboral
30 Novembro 2022
Como cada mes, recapitulamos as novidades máis reseñables...
SEGUIR LENDO >
A nova Lei de igualdade situará o benestar laboral como panca para o crecemento económico de Galicia e a mellora das condicións da poboación traballadora
28 Novembro 2022
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha,...
SEGUIR LENDO >
Violencia de xénero no traballo
24 Novembro 2022
A violencia de xénero é o culmen da desigualdade estrutural...
SEGUIR LENDO >

Subscríbete ao noso boletín

E recibe todas as nosas novidades no teu correo electrónico.