

Taller 6. A formación nas empresas con perspectivas de xénero
Formación en liña de 4 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar na integración do principio de igualdade na planificación da formación.
4 horas
En liña e ao teu ritmo
Dispoñible no teu móbil
Idioma: galego
Certificado de aproveitamento ao completar o taller
Docentes
María Consuelo Ferreiro Regueiro, Profesora de dereito do traballo e da seguridade social da Universidade de Santiago de Compostela
Lucía Rial Pampin, Formadora e asesora en materia de igualdade e RRHH
Planificación do plan de formación da empresa desde a perspectiva de xénero en:
- – O proceso de detección de necesidades formativas.
- – A programación de accións formativas.
- – A planificación das accións formativas: modalidades formativas e distribución en xornada laboral.
- – A difusión das ofertas formativas.
- – A participación de mulleres e homes en condicións de igualdade.
A formación para o posto de traballo
As accións formativas voluntarias
O uso de permisos de formación
A sensibilización e formación en igualdade
Medidas de mellora:
- – Establecemento de acceso prioritario das traballadoras a accións formativas que fomenten a súa inserción en áreas de traballo masculinizadas
- – A planificación nas accións formativas de módulos específicos de igualdade de xénero
- – A adaptación do horario das accións formativas para garantir a asistencia das persoas traballadoras con redución de xornada