
Este curso de 35 horas de duración, totalmente gratuíto, permitirá, as persoas participantes afondar na igualdade retributiva, a valoración de postos de traballo, o rexistro retributivo e a auditoría retributiva.
María Hermo Rodríguez, CEO e directora de proxectos de talento, compensación e igualdade retributiva de Top Managemente Consulting (Grupo Galejobs).
O curso estará composto por contido teórico asíncrono e unhas tutorías en liña, co obxectivo de que a experiencia do alumnado sexa a máis satisfactoria posible, permitindo que as persoas participantes poidan aprender ao seu propio ritmo e horario e, ao mesmo tempo, teñan a oportunidade de intercambiar coñecementos e experiencias e interactuar entre elas.
O alumnado poderá acceder aos distintos contidos teóricos formativos e as pílulas audiovisuais do curso durante o período de vixencia do mesmo.
Este curso formativo estará composto por 4 módulos formativos:
O curso levarase a cabo entre o 1 de outubro e o 1 de decembro do 2025 e constará dunha parte pre-gravada en liña (actividade asíncrona) e unhas titorías en liña que terán carácter voluntario.
A duración do curso será de 35 horas e adecuarase á siguinte estrutura:
Este módulo estará composto por pílulas formativas de entre 3 e 8 horas de duración a través das cales exporanse os contidos formativos que estarán desagregados en 4 temas vinculados á materia. En concreto:
Módulo 1. Contextualización e previos á igualdade retributiva
Módulo 2. A valoración de postos de traballo
Módulo 3. O rexistro retributivo
Módulo 4. A auditoría retributiva
Estas sesions en liña levaranse a cabo os días 10 e 17 de novembro en horario de 16:30 a 19:00 horas. Estas titorías teñen carácter voluntario debido á exixencia técnica do curso que require do alumnado un traballo efectivo de reflexión, análise e construcción.
Os requisitos para avanzar e posteriormente aprobar o curso formativo serán:
Ás persoas que participan nos procesos de selección, contratación, negociación colectiva, avaliación da actividad preventiva, avaliación de postos de traballo e comunicación e, en xeral nos procesos e proxectos que se enmarcan no ámbito das relacións laborais na aplicación do principio de igualdade.
Será requisito imprescindible para acceder a esta formación ter superado:
Por orde de inscrición, darase preferencia ás persoas traballadoras por conta allea ou por conta propia.
Entre o 01/10/2025 e o 01/12/2025.
Para a súa realización disporanse das 24 horas do día, todos os días da semana.
O prazo de inscrición finaliza o 26 de setembro de 2025.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou as identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a certas características e funcións.