
Este curso de 67 horas de duración, totalmente gratuíto, permitirá, ás persoas participantes afondar na igualdade retributiva, a valoración de postos de traballo, o rexistro e auditoría retributiva.
María Hermo Rodríguez, CEO e directora de proxectos de talento, compensación e igualdade retributiva de Top Managemente Consulting (Grupo Galejobs).
O curso estará composto por contido teórico e práctico que combinan elementos e actividades síncronas e asíncronas co obxectivo de que a experiencia do alumnado sexa a máis satisfactoria posible, permitindo que as persoas participantes poidan aprender ao seu propio ritmo e horario e, ao memo tempo, teñan a oportunidade de intercambiar coñecementos e experiencias e interactuar entre elas.
O alumnado poderá acceder aos distintos contidos teóricos formativos e ás pílulas audiovisuais do curso durante o período de vixencia do mesmo.
Este curso formativo estará composto por 4 módulos formativos:
O curso levarase a cabo entre o 25 de novembro de 2024 e o 25 de abril do 2025 e constará dunha parte pre-gravada en liña (actividades asíncronas), unha parte práctica presencial (actividad síncrona) que será retransmitida tamén por streaming e unha tutorías en liña que terán carácter voluntario.
A duración do curso será de 67 horas e adecuarase á seguinte estrutura:
Este módulo estará compuesto por pílulas formativas de entre 3 e 8 horas de duración a través das cales se exporán os contidos formativos que estarán desagregados nos 4 temas vinculados á materia. En concreto:
Módulo 1. Contextualización e previos á igualdade retributiva
Módulo 2. A valoración de postos de traballo
Módulo 3. O rexistro retributivo
Módulo 4. A auditoría retributiva
Este módulo estará compuesto por sesións que desenvolveranse en modalidade presencial os días 24 e 26 de febreiro, o 10, 12, 24 e 26 de marzo e o 7 e 9 de abril en horario de 16:00 a 20:00 horas e que tamén serán retrasmitidas en directo para aquelas persoas que non poidan asistir de maneira física ao lugar de impartición. Así mesmo, o alumnado terá a súa disposición no campus ás gravacións das sesións para repasar os contidos traballados.
Presencialmente a formación levarase a cabo nas instalacións do Centro de orientación, Emprendemento, Acompañamento e Innovación para o Emprego de Galicia (Centro COE Galicia) sito no baixo da calle Rafael Alberti nº 4 da Coruña.
Nestas sesións prácticas as persoas participantes adquirirán a capacidade de afrontar, acorde á normativa actual, o deseño e desenrolo da VPT, rexistro e auditoría retributiva, así como as destrezas prácticas no uso das ferramentas do Ministerio.
Estas sesións en liña levaranse a cabo os días 14, 21 e 28 de xaneiro e o 4 e 11 de febreiro en horario de 16:00 a 18:00 horas. Estas titorías teñen carácter voluntario debido a esixencia técnica do curso e xa que o caso práctico require do alumnado un traballo efectivo de reflexión, análise e construción.
Os requisitos para avanzar e posteriormente aprobar o curso formativo serán:
Ás persoas que participan nos procesos de selección, contratación, negociación colectiva, avaliación da actividade preventiva, avaliación de postos de traballo e comunicación e, en xeral en procesos e proxectos que se enmarcan no ámbito das relacións laborais na aplicación do principio de igualdade.
Será requisito imprescindible para acceder a esta formación ter superado:
Ase mesmo, é recomendable dispoñer de coñecementos básicos na ferramenta Excel.
Hai un total de 100 prazas!
Por orde de inscrición, darase prefencia ás persoas traballadoras por conta allea ou por conta propia.
Entre o 25/11/2024 e o 25/04/2025.
Para a súa realización disporase das 24 horas do día, todos os días da semana.
O prazo de inscrición finaliza o 21 de novembro de 2024.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou as identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a certas características e funcións.