Curso práctico sobre valoración de postos de traballo, o rexistro e a auditoría retributiva (32h)
Todo o que debes coñecer sobre a valoración de postos de traballo, o rexistro e a auditoría retributiva
Este curso de 32 horas de duración, totalmente gratuíto, está dirixido a ampliar e consolidar os coñecementos adquiridos no Curso teórico sobre a valoración de postos de traballo, o rexistro e a auditoría retributiva (35h), cun foco especial na aplicación práctica da valoración de postos de traballo (VPT) e na elaboración do rexistro e auditoría retributiva, conforme á normativa vixente.
Docente
María Hermo Rodríguez, CEO e directora de proxectos de talento, compensación e igualdade retributiva de Top Managemente Consulting (Grupo Galejobs).
Aprende ao teu ritmo
O curso estará composto por contido práctico que se levará a cabo a través de actividades síncronas co obxectivo de que a experiencia do alumnado sexa a máis satisfactoria posible, e, ao mesmo tempo, as persoas asistentes teñan a oportunidade de intercambiar coñecementos entre elas.
O alumnado poderá acceder aos distintos contidos prácticos e ás gravacións das sesións en liña durante o período de vixencia do curso.
Que inclúe este curso?
Este curso formativo estará composto por 3 módulos formativos:
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
- Módulo 1. A valoración de postos de traballo
- Módulo 2. O rexistro retributivo
- Módulo 3. A auditoría retributiva
O curso levarase a cabo entre o 6 de febreiro e o 6 de maio do 2026 e constará dunha parte práctica en liña (actividade síncrona) que será retrasmitida por streaming.
A duración do curso será de 32 horas e adecuarase á siguinte estrutura:
Módulo práctico síncrono (32 h)
Este módulo estará composto por sesións que se desarrollarán en modalidade en liña a través de oito retrasmisións en directo os días 9, 16 e 23 de febreiro e 2, 9, 16, 23 e 30 de marzo en horario de 16:00 a 20:00 horas. Ase mesmo, o alumnado terá a súa disposición, no campus as grabacións das sesións para repasar os contidos traballados durante cada sesión.
Nestas sesións prácticas as persoas participantes adquirirán a capacidade de afrontar, acorde á normativa actual, o deseño e desenvolvemento da VPT, rexistro e auditoría retributiva, así como as destrezas prácticas no uso das ferramentas do Ministerio.
Os requisitos para superar o curso formativo e obter o certificado de aproveitamento son:
- Asistir por streaming, como mínimo, ao 75% das sesións prácticas programadas.
- Realizar e entregar o caso práctico sobre auditoría retributiva.
Valoración de postos de traballo, rexistro e auditoría retributiva
- 32 horas
- Do 6 de febreiro ao 6 de maio do 2026
A quen vai dirixido?
Ás persoas que participan nos procesos de selección, contratación, negociación colectiva, avaliación da actividad preventiva, avaliación de postos de traballo e comunicación e, en xeral nos procesos e proxectos que se enmarcan no ámbito das relacións laborais na aplicación do principio de igualdade.
Coñecementos requiridos
Será requisito imprescindible para acceder a esta formación ter superado o curso teórico de valoración de postos de traballo, rexistro e auditoría retributiva de 35 horas.
Ase mesmo, é recomendable dispoñer de coñecementos básicos da ferramenta Excel.
Limitación de prazas
Hai un total de 100 prazas!
Duración
Entre o 06/02/2026 e o 06/05/2026.
Para a súa realización disporanse das 24 horas do día, todos os días da semana.
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o 3 de febreiro de 2026.
- 32 horas
- En liña
- Idioma: galego
- Certificado de aproveitamento ao completar o curso




