Formación en liña de 4 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar na aplicación do principio de presencia equilibrada de mulleres e homes nos procesos de selección e na contratación. O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 24 de febreiro de 2022 en horario de tarde (de 16:00 a 20:00 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas. Nesta ocasión, contarase coa presencia da empresa Benteler Automotive Vigo que nos exporá a súa experiencia no desenvolvemento do plan de igualdade. Para apuntarse no taller hai que facelo, antes do 17 de febreiro de 2022, a través do campus formativo.
Docentes, estrutura e desenvolvemento
- Marta Fernández Prieto, Profesora de dereito do traballo e da seguridade social da Universidade de Vigo
- María Ángeles García Pérez, Consultora especializada en materia de igualdade laboral
A duración deste taller será de 4 horas e este adecuarase á seguinte estrutura:
- 16:00 – 16:05 h Presentación do taller formativo. Representante da Dirección Xeral de Relacións Laborais
- 16:05 – 17:20 h Aplicación do principio de igualdade no proceso de selección e contratación do persoal. Marta Fernández Prieto
-
- 17:20 – 17:45 h Rolda de consultas
- 17:45 – 17:50 h Descanso
- 17:50 – 19:05 h Supostos prácticos de contratación non igualitaria. Medidas previstas nos plans de igualdade. María Ángeles García Pérez
-
- 19:05 – 19:30 h Rolda de consultas
- 19:30 – 19:35 h Descanso
- 19:35 – 20:00 h Empresa convidada: Benteler Automotive Vigo. Tania Caramés Palmeiro. Departamento de RRHH
O único requisito para obter o certificado de aproveitamento do taller será asistir a sesión en liña e responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará dispoñible no campus en liña.