Apertura de inscricións de novos cursos e talleres no campus online de A Igualdade Laboral

Dende hoxe están abertos os procesos de inscrición das seguintes accións formativas:

3º Edición do curso teórico-práctico sobre a prevención e tratamento do acoso sexual e por razón de sexo no traballo (10h)

Este curso vaise a desenvolver en modalidade en liña e levarase a cabo entre o 09 de febreiro do 2022 e o 09 de marzo do 2022.

Os requisitos para obter o certificado de aproveitamento do curso son:

  • Asistir e participar activamente na sesión en liña- Resolución de casos prácticos que terá lugar o 03/03/2022 de 16:30h a 19:00h.
  • Responder satisfactoriamente, polo menos, o 70% das cuestións expostas no test de avaliación.

Consulta máis información sobre o curso e a forma de inscrición na web do Campus formativo. 

 

3º Taller formativo “O diagnóstico dos plans de igualdade. A aplicación da perspectiva de xénero na análise da información cuantitativa e cualitativa  necesaria” (4h)

O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 08 de febreiro de 2022 de 16:00 a 20:00 h. As persoas participantes terán ata o martes 15 de febreiro para poder visualizar a gravación da sesión en liña e responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña.

Os requisitos para obter o certificado de aproveitamento do taller son:

  • Asistir a sesión en liña o 08/02/2022 de 16:00 a 20:00 h.
  • Responder satisfactoriamente, polo menos o 70% das cuestións expostas no test de avaliación.

Para máis información sobre o taller podes consultar a nova do Campus formativo. 

Debe actualizar o perfil no campus en liña cumprimentando os “campos necesarios” xa que dita información (Ocupación, nome da entidade, sector, posto de traballo que desemprega na empresa, etc) terase en conta como criterios de selección de participantes nos diferentes cursos formativos nos que se inscriba.