• O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) reivindicou a necesidade de adaptar os postos de persoas traballadoras especialmente sensibles, embarazadas, mulleres en lactación, persoas maiores ou con dificultades funcionais

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2022.

No marco da Semana Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo, a Xunta de Galicia, a través do Instituto de Seguridade e Saúde no Traballo (Issga), celebrou hoxe a xornada técnica en formato webinario Adaptación de Postos de Traballo, con 150 persoas inscritas.

A actividade, realizada en colaboración con Ibermutua, converxe cos obxectivos apuntados pola Axencia Europea da Seguridade e a Saúde no Traballo para esta Semana Europea para fomentar lugares de traballo seguros e saudables. Abordou aspectos teóricos e normativos relacionados coa temática e exemplos prácticos para mellorar as accións preventivas.

A normativa de prevención de riscos laborais establece, entre outras obrigas, a necesidade de adaptar o traballo á persoa, en particular no que respecta á concepción dos postos de traballo, así como á elección dos equipos e os métodos de traballo e de produción. Pon o foco, lembra o Issga, en atenuar o traballo monótono e repetitivo e a reducir os efectos do mesmo na saúde.

O Issga chama a atención sobre o feito de que a ergonomía -especialidade preventiva que engloba o conxunto de coñecementos científicos aplicados para que o traballo, os sistemas, produtos e ambientes se adapten ás capacidades e limitacións físicas e mentais da persoa- debe prestar especial atención ás persoas traballadoras máis sensibles: embarazadas ou mulleres en período de lactación, colectivos de maior idade ou con diminución das capacidades como consecuencia dun accidente laboral ou non laboral ou dunha enfermidade común ou profesional, entre outras.

O Instituto avoga polas adaptacións ergonómicas xa que benefician a todo o persoal traballador con independencia da súa idade ou outras características funcionais. Un posto ben deseñado ergonómicamente requirirá menor esforzo físico e cognitivo. Como recomendación apunta que non son precisos custos elevados neste proceso, xa que, moitas veces o uso creativo é a mellor solución.

O webinario celebrado hoxe dirixiuse a técnicos e responsables de prevención de riscos laborais, empresariado, xestores de equipos e outros profesionais relacionados coa prevención de riscos laborais.

A Semana Europea 2022 enmárcase na Campaña 2020-2022 Traballos saudables: Relaxemos as cargas que ten por obxecto sensibilizar respecto dos trastornos musculoesqueléticos relacionados co traballo e a necesidade de xestionalos e promover unha cultura de prevención de riscos. O Issga é membro Rede Española de Seguridade e Saúde no Traballo, como órgano técnico da Xunta de Galicia en materia de prevención de riscos laborais e colabora tanto na realización como na difusión das actividades relacionadas con esta campaña.

Categorías

Actualidade igualdade laboral

Novas

Toda a actualidade e información de interese no ámbito da igualdade laboral.
Últimos días para inscribirse no taller formativo “A Corresponsabilidade: o eixe central da igualdade laboral”
30 Novembro 2022
O vindeiro 7 de decembro remata o prazo de inscrición...
SEGUIR LENDO >
Novidades en materia de igualdade laboral
30 Novembro 2022
Como cada mes, recapitulamos as novidades máis reseñables...
SEGUIR LENDO >
A nova Lei de igualdade situará o benestar laboral como panca para o crecemento económico de Galicia e a mellora das condicións da poboación traballadora
28 Novembro 2022
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha,...
SEGUIR LENDO >
Violencia de xénero no traballo
24 Novembro 2022
A violencia de xénero é o culmen da desigualdade estrutural...
SEGUIR LENDO >

Subscríbete ao noso boletín

E recibe todas as nosas novidades no teu correo electrónico.