Xa está aberto o prazo de inscrición para o taller formativo “A clasificación profesional con perspectiva de xénero”, organizado pola Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e que se desenvolverá entre o 17 e o 24 de marzo do 2022.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 17 de marzo de 2022 de 16:00 a 20:00 h, permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.
Nesta ocasión contarase coa presenza de Maria Santos, Directora de Recursos Humanos Spain e Rocio Piñeiro, HR manager da empresa Lonza Biologics Porriño SL que exporá a súa experiencia na clasificación profesional con perspectiva de xénero.
Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o xoves 24 de marzo para poder visualizar a gravación da sesión en liña e responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña.
Os requisitos para obter o certificado de aproveitamento do taller son:
- Asistir a sesión en liña o 17/03/2022 de 16:00 a 20:00 h
- Responder satisfactoriamente, polo menos o 70% das cuestións expostas no test de avaliación
O prazo de inscrición estará aberto dende hoxe ata o 10 de marzo.