• A Xunta sinala que unha xestión eficaz dos riscos psicosociais nas empresas contribúe a crear contornas de traballo saudables e mellorar o benestar laboral

  • A xornada informativa e formativa, organizada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade estivo dirixida a técnicos e responsables de prevención de riscos laborais, xestores de equipos e outros profesionais vinculados coa saúde laboral

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) celebrou hoxe unha nova xornada técnica formativa, nesta ocasión centrada na xestión da saúde mental na empresa, dirixida principalmente a técnicos e responsables de prevención de riscos laborais, xestores de equipos e outros profesionais vinculados coa saúde laboral, na que a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, sinalou que unha xestión eficaz dos riscos psicosociais nas empresas contribúe a crear contornas de traballo saudables e mellorar o benestar laboral, para o que é clave a xestión da saúde mental das persoas traballadoras.

Mancha destacou a importancia de coidar a saúde mental das persoas traballadoras para protexer a súa saúde e acadar un persoal comprometido, motivado e resiliente que pasa, segundo apuntou, “por ter en conta a súa capacidade de adaptación, axudándolle a sortear dificultades que poden ter consecuencias negativas no seu benestar mental e emocional”.

No webinario, no que participaron máis de 150 persoas, abordouse tamén a necesidade de implantar ferramentas que contribúan a coidar a saúde mental das persoas traballadoras para que aprendan a xestionar aspectos como a ansiedade ou o estrés, especialmente en situacións de crise e, deste xeito, apuntou que un programa de empresa saudable debe integrar todos os ámbitos da saúde: física, mental e social. “Para conseguir unha boa xestión da saúde no traballo hai que combinar de maneira dinámica, simultánea e complementaria dúas formas de actuación, a redución dos factores de risco e o desenvolvemento do benestar físico, mental e social”, engadiu.

Para rematar, afirmou que do que se trata é de combinar actividades de fomento da cultura da saúde, de mellora continua das condicións de traballo e de promoción do benestar individual dos traballadores e traballadoras, coa máxima implicación activa de toda a organización.

Categorías

Actualidade

Novas

Toda a actualidade e información de interese no ámbito da igualdade laboral.
Últimos días para inscribirse no taller formativo “A Corresponsabilidade: o eixe central da igualdade laboral”
30 Novembro 2022
O vindeiro 7 de decembro remata o prazo de inscrición...
SEGUIR LENDO >
Novidades en materia de igualdade laboral
30 Novembro 2022
Como cada mes, recapitulamos as novidades máis reseñables...
SEGUIR LENDO >
A nova Lei de igualdade situará o benestar laboral como panca para o crecemento económico de Galicia e a mellora das condicións da poboación traballadora
28 Novembro 2022
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha,...
SEGUIR LENDO >
Violencia de xénero no traballo
24 Novembro 2022
A violencia de xénero é o culmen da desigualdade estrutural...
SEGUIR LENDO >

Subscríbete ao noso boletín

E recibe todas as nosas novidades no teu correo electrónico.