• A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausurou hoxe no Parlamento galego a xornada ‘Catro décadas de autogoberno. A igualdade, un camiño sen retorno’ coa que se conmemorou o 40 aniversario do Estatuto de Autonomía

  • Apuntou que a Consellería de Emprego e Igualdade traballa “con forza e tesón” para erradicar as desigualdades por razón de xénero a través de axudas para apoiar a maternidade e/ou a paternidade, o coidado dos fillos e fillas, maiores ou dependentes e impulsar nas empresas os plans de igualdade e o teletraballo

  • Sinalou que a Xunta traballa cun enfoque máis preventivo no que se integre a igualdade laboral ou a responsabilidade social empresarial nun marco máis amplo como é o benestar organizacional

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausurará a xornada Catro décadas de autogoberno. A igualdade, un camiño sen retorno.

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, avanzou hoxe no Parlamento de Galicia, na clausura da xornada A igualdade, un camiño sen retorno, celebrada con motivo do 40 aniversario do Estatuto de Autonomía, que a Xunta porá en marcha a finais de outubro unha plataforma en liña en materia de igualdade laboral con accións formativas para sensibilizar ás empresas e á sociedade en xeral sobre a importancia de promover “unha verdadeira cultura” baseada na conciliación e na corresponsabilidade.

Lorenzana lembrou que Galicia converteuse este ano na primeira comunidade autónoma en impartir formación específica en igualdade laboral, unha medida que agora se trasladará tamén á modalidade virtual. “Será un espazo dixital de teleformación dirixido a informar e sensibilizar á sociedade en igualdade laboral efectiva entre homes e mulleres”, subliñou. Así, levarase a cabo cursos gratuítos enmarcados en diferentes ámbitos como son os plans de igualdade, a conciliación e a corresponsabilidade, o rexistro retributivo, o acoso laboral ou o teletraballo.

A formación que a Xunta ofrece en materia de igualdade laboral está a disposición de toda a cidadanía, é dicir, está dirixida tanto aos axentes sociais como aos traballadores en xeral. Inclúe cualificación básica e un módulo intermedio e na actualidade estase ultimando no seo do Diálogo Social un curso superior de especialista. Ademais, a Consellería de Emprego e Igualdade está a formar ás mulleres en clave feminina para acadar unha maior presenza das mulleres no ámbito empresarial galego e impulsar a súa promoción profesional. De feito, nos últimos 10 anos, esta acción posibilitou a cualificación profesional de máis de 58.000 mulleres.

A formación únese a outras medidas coas que a Xunta está apostando por erradicar calquera discriminación por razón de xénero como son os programas de axudas destinados a posibilitar a redución da xornada laboral para mellorar a conciliación das persoas traballadoras con respecto ao coidado e atención dos seus fillos e/ou fillas; para apoiar o nacemento no caso dos autónomos; e para impulsar entre pemes e traballadores autónomos a elaboración dos plans de igualdade, o teletraballo ou a Responsabilidade Social Empresarial (RSE). Esta última iniciativa incrementouse este ano nun 30,6%, chegando ata os 2,6 millóns de euros.

A Xunta, así mesmo, puxo en valor o portal web sobre igualdade laboral para mellorar o acceso a unha información “fiable e actualizada”; a ferramenta de autoavaliación que permite ás empresas medir de xeito periódico o seu nivel de desenvolvemento e impacto en relación coa igualdade de xénero e de oportunidades laborais; e a guía para prestar apoio ás empresas na elaboración dos seus plans de igualdade.

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausurará a xornada Catro décadas de autogoberno. A igualdade, un camiño sen retorno.

Un traballo “con forza e tesón”

“Desde a Consellería de Emprego e Igualdade estamos a pelexar, con forza e tesón, para erradicar a desigualdade por razón de xénero, impulsando de xeito decidido numerosas medidas para mellorar as condicións laborais das mulleres, o seu acceso a un posto laboral e a súa promoción profesional”, incidiu a conselleira.

A conselleira explicou que a Xunta está a traballar cun enfoque máis preventivo que integre a igualdade laboral, a responsabilidade social empresarial ou a seguridade e saúde no traballo nun marco moito máis amplo como é o benestar organizacional, “porque unha cultura preventiva que persiga e enfatice o benestar nas empresas e negocios redundará nunha mellora social integral”.

Para rematar, a conselleira salientou que o Goberno galego traballa para afondar no compromiso de perseguir unha igualdade “dun xeito transversal e contundente, cuxos alicerces puxemos por primeira vez hai 40 anos co noso Estatuto de Autonomía”, subliñou.

Nestes anos -apuntou- acadáronse avances e, ao respecto, lembrou que en 1981 os galegos e galegas elixiron un Parlamento no que as mulleres representaban a penas o 4% dos deputados e agora son máis da metade: 39 mulleres e 36 homes. Tamén indicou que en 2019 a evolución da iniciativa emprendedora feminina en Galicia chegou a representar un 65% e resaltou que a muller está a ter unha maior presenza no emprego autónomo, representando, a finais de 2021, o 40,89% do total das persoas afiliadas ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos (Reta) fronte ao 36% da medida estatal. “Galicia é a comunidade con maior peso do emprego autónomo feminino a nivel estatal”, afirmou.

Lorenzana, así mesmo, fixo referencia ao eido da economía social no que a porcentaxe de mulleres ocupadas duplica a media de España.

“Agora é o momento de seguir nesta senda, de concentrar esforzos e recursos para defender un traballo igualitario, unha igualdade real e efectiva que fará de nós e dos que veñan detrás a mellor Galicia posible”, concluíu.

Categorías

Actualidade Conciliación Emprego Formación Igualdade

Novas

Toda a actualidade e información de interese no ámbito da igualdade laboral.
Cinco chaves para elaborar material de sensibilización en igualdade
28 Outubro 2021
Elaborar material de sensibilización en igualdade é...
SEGUIR LENDO >
A Xunta avoga pola formación en igualdade laboral para concienciar e dar a coñecer as vantaxes dos modelos produtivos sen discriminacións por xénero
22 Outubro 2021
A directora xeral de Relacións Laborais,...
SEGUIR LENDO >
A Xunta estrea con máis de 800 usuarios o campus virtual en igualdade laboral e presenta unha nova guía para previr e tratar o acoso sexual nas pemes
20 Outubro 2021
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús...
SEGUIR LENDO >
A Xunta reivindica un rural moderno e innovador en igualdade no que se recoñeza o talento e o liderado da muller para construír unha Galicia mellor
16 Outubro 2021
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús...
SEGUIR LENDO >

Subscríbete ao noso boletín

E recibe todas as nosas novidades no teu correo electrónico.