A Xunta mantén abertas as inscricións do programa Responsabilízate para que as pemes galegas transiten hacia valores ambientais, sociais e de gobernanza

  • A Xunta mantén abertas as inscricións do programa Responsabilízate para que as pemes galegas transiten hacia valores ambientais, sociais e de gobernanza

  • A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, presentou o programa a través dun webinario no que avogou pola integración de criterios sostibles nas actividades

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, inaugurou hoxe o webinario, no que tomaron parte máis de 120 persoas, para a presentación do programa Responsabilízate, que promove o seu departamento para axudar a unhas 180 empresas galegas a ser máis sostibles e impulsar a súa competitividade.

O programa asesorará de xeito gratuíto ás firmas participantes en materia de responsabilidade social empresarial (RSE) co obxectivo de apoiar ás pemes a incorporar criterios sostibles na súa xestión a través da aplicación de valores ambientais, sociais e de gobernanza, entre outros. A actuación, ademais, inclúe o acompañamento na aplicación de medidas que fomenten a igualdade de oportunidades.

“Anímovos a participar, para que as vosas organizacións poidan converterse en pouco tempo en empresas socialmente responsables, e con isto mais competitivas e sustentables, poñendo o seu gran de area para facer o tecido produtivo galego máis forte, resiliente e preparado para os retos que a economía actual está xa anunciando”, destacou a directora xeral del Relacións Laborais.

Tal e como relatou Mancha, a aplicación de criterios de RSE ten para a empresa reporta beneficios que incrementan a súa capacidade innovadora, a eficiencia de procedementos e baixa dos custos, unha maior xestión de crises ou a fidelidade tanto do persoal como da clientela, entre outros. Cara ao exterior, contribúese a mellorar a reputación das firmas, así como a abrir novas oportunidades de negocio, reducir riscos e mellorar as relacións coas comunidades locais.

“Con este programa queremos reforzar a competitividade das pemes nun contexto de transformación no que prácticas como a xestión responsable das persoas, o desenvolvemento de condutas éticas nas cadeas de subministración, ou a adaptación a unha economía baixa en carbono son claves para o posicionamento empresarial”, afirmou a directora xeral.

A Xunta aspira con esta iniciativa tamén a reter talento e anticiparse ás esixencias europeas en materia de igualdade laboral, transparencia, dereitos humanos ou loita contra o cambio climático desde o mundo da empresa.

Responsabilízate vai dirixido ao tecido empresarial galego, a través das súas pequenas e medianas empresas que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou teñan un balance anual inferior a 43 millóns de euros.

Con esta iniciativa, se persegue que as empresas sexan máis competitivas, facilitando a súa adaptación ás esixencias dos grandes clientes, do mercado de consumo e das novas obrigas sociais e administrativas. Para iso, o programa incorpora un diagnóstico individualizado, actividades formativas e de asesoramento personalizado por parte de asesores expertos, e o desenvolvemento dunha folla de ruta para cuxa implementación contará co apoio dun equipo de consultores.

As inscricións ao programa Responsabilízate poderanse facer a través da sede electrónica da Xunta, onde o prazo permanecerá aberto ata completar as 180 prazas previstas. As empresas interesados poden ampliar a información a través da oficina técnica do programa no correo electrónico responsabilizate.emprego.igualdade@xunta.gal.