-
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) celebra mañá un webinario específico para identificar e enfrontar comportamentos violentos, especialmente dirixido ás pemes e micropemes
A Xunta celebrarou onte un webinario para sensibilizar sobre a violencia laboral física e psicolóxica e proporcionar ás organizacións ferramentas básicas para poder atallala no marco da prevención de riscos.
A sesión, na que estaban inscritas 75 persoas -principalmente técnicos de prevención de riscos, delegados de prevención, axentes sociais, empresarios, persoal traballador e persoas con interese nesta materia- permitíu achegar recursos ás empresas, principalmente ás pemes e micropemes, para xestionar situacións de violencia na contorna laboral e tratar de evitalas.
A violencia no traballo, nas súas distintas manifestacións, é un risco significativo e grave, que debe de ser analizado, estudado, corrixido, e sempre que sexa posible, eliminado, especifica o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), organizador do webinario coa colaboración de Ibermutua Gallega.
A violencia laboral inclúe, entre outras, as situacións nas que o persoal dun centro de traballo sofre abusos, ameazas ou ataques en circunstancias relacionadas coa súa actividade que poñan en perigo, implícita ou explicitamente, a súa seguridade, o seu benestar ou a súa saúde. Entre as súas manifestacións, inclúense desde as agresións físicas sobre o traballador ou propiedades da organización ou do persoal ata a violencia psicolóxica que se manifesta mediante a intimidación, as ameazas, ou outras condutas que causen dano psicolóxico e moral.
En función de como se produza a exposición a este risco, pódese caracterizar a situación de acoso laboral, violencia ocupacional, acoso sexual ou acoso discriminatorio.
A Xunta defende que o camiño para lograr a prevención do risco de violencia parte do consenso e a vontade tanto dos axentes económicos e sociais, como dos empresarios e do persoal traballador. Tal e como manifesta o Issga cómpre anticiparse aos problemas derivados da violencia, detectando os riscos e as situacións conflitivas, e xestionándoos internamente.
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) inscribe o seminario virtual na súa oferta formativa para este ano co obxectivo de que as entidades poidan aplicar metodoloxías concretas e fiables tanto para violencia psicolóxica como para violencia física. O Issga recalca a importancia de integrar o tratamento deste risco no pan de prevención da empresa e no seu sistema de xestión de prevención de riscos laboral.