• A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, abriu hoxe o webinario: ‘A promoción profesional con perspectiva de xénero’

  • Avogou por seguir a traballar nas corresponsabilidade para que “prenda” na sociedade

  • Galicia é a única comunidade que mantén unha oferta aberta de formación en igualdade laboral da que se beneficiaron o ano pasado 3.000 persoas

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, inaugurou hoxe un novo webinario sobre igualdade laboral que, nesta ocasión, tivo por título: A promoción profesional con perspectiva de xénero. A actividade, na que participaron máis de 350 persoas, forma parte da oferta formativa da Xunta na materia que acadará este ano as 5.000 prazas.

Tal e como destacou Mancha, o teito de cristal “é un dos grandes obstáculos das mulleres no campo laboral” que ten por consecuencia a discriminación salarial. Ao non acceder a postos de responsabilidade e ocuparse máis dos coidados, a través das excedencias ou reducións de xornada, prodúcense paróns nas carreiras femininas.

“O obxectivo deste taller é analizar a promoción desde unha perspectiva laboral e profesional, e poñer de manifesto as obrigacións legais que recaen nas empresas”, destacou a responsable de Relacións Laborais quen tamén defendeu que resulta fundamental que a idea da corresponsabilidade “prenda” en toda a sociedade.

Mancha lembrou que “mentres que o 83% das excedencias se empreguen por mulleres, moitas das súas carreiras vanse paralizar”. Destacou o papel das administracións, e da Xunta en particular, para “sensibilizar” e poñer de manifesto que o talento feminino non se pode desbotar.

O curso de hoxe estivo artellado en 4 horas. A profesora de Dereito do Traballo e Seguridade Social da Universidade de Zaragoza, Ruth Vallejo, e a secretaria de igualdade de UXT Galicia, Trinidad Campos, afondaron na aplicación do principio de igualdade e oportunidades na promoción profesional e, en especial, no acceso das mulleres a postos de responsabilidade.

Galicia está a impartir formación accesible, flexible e actualizada en materia de igualdade laboral. En 2021 a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade puxo en marcha o primeiro  Campus Virtual para formar, informar e sensibilizar a profesionais e cidadanía en xeral na igualdade laboral efectiva entre homes e mulleres.

A través desta plataforma ponse a dispor da cidadanía, de maneira gratuíta, accións formativas enmarcadas en ámbitos como a conciliación e a corresponsabilidade, o teletraballo, a fenda salarial e o rexistro retributivo, o teito de cristal ou o acoso laboral.

Galicia sitúase como primeira e única comunidade autónoma en impartir formación específica en igualdade laboral en modalidade virtual da que soamente en 2021 se beneficiaron unhas 3.000 persoas.

Categorías

Actualidade campus online Formación igualdade laboral

Novas

Toda a actualidade e información de interese no ámbito da igualdade laboral.
Últimos días para inscribirse no taller formativo “A Corresponsabilidade: o eixe central da igualdade laboral”
30 Novembro 2022
O vindeiro 7 de decembro remata o prazo de inscrición...
SEGUIR LENDO >
Novidades en materia de igualdade laboral
30 Novembro 2022
Como cada mes, recapitulamos as novidades máis reseñables...
SEGUIR LENDO >
A nova Lei de igualdade situará o benestar laboral como panca para o crecemento económico de Galicia e a mellora das condicións da poboación traballadora
28 Novembro 2022
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha,...
SEGUIR LENDO >
Violencia de xénero no traballo
24 Novembro 2022
A violencia de xénero é o culmen da desigualdade estrutural...
SEGUIR LENDO >

Subscríbete ao noso boletín

E recibe todas as nosas novidades no teu correo electrónico.