• A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, visitou hoxe en Pontevedra as dependencias desta firma, da que puxo en valor as medidas implantadas en materia de igualdade de oportunidades na empresa

  • A Xunta apoia este ano con 1,4 millóns de euros o desenvolvemento de medidas de conciliación e plans de igualdade nas empresas galegas

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, visitou hoxe as dependencias da empresa editorial Kalandraka, que puxo como exemplo de que a implantación de medidas de igualdade laboral “mellora o posicionamento das mulleres na empresa”. A firma resultou beneficiaria, no marco das axudas coas que a Xunta promoveu en 2021 a conciliación, os plans de igualdade e a responsabilidade social empresarial (RSE) en 122 firmas galegas, e que este ano 2022 contan cun orzamento de 1,4 millóns de euros.

Mancha, acompañada da directora editorial da empresa, Manuela Rodríguez, coñeceu o proxecto editorial que avoga pola calidade estética e literaria, e por inculcar a través da literatura valores como a multiculturalidade, a educación en igualdade, a tolerancia e o respecto. “Esta aposta pola igualdade de oportunidades foi levada ao seo da propia empresa”, subliñou a directora xeral, quen valorizou o acordo de conciliación e flexibilidade horaria acadada co persoal o ano pasado para reducir a xornada laboral.

“A mellora horaria é un elemento fundamental para mellorar o posicionamento das mulleres na empresa e reducir a necesidade de solicitar excedencias ou reducións de xornada; o que permite tanto a mulleres como a homes garantir a conciliación laboral coa familiar e persoal”, remarcou Mancha, quen avogou por este tipo de acordos para avanzar, como está a impulsar o Goberno da Xunta, no benestar laboral en Galicia.

Na mesma liña a directora xeral cualificou de fundamentais o rexistro salarial e o protocolo para a detección de acoso sexual e por razón de sexo, que firmas como esta  están a implantar, como “ instrumentos esenciais de loita contra a discriminación salarial e a violencia no traballo”, afirmou Mancha.

A Xunta destinará en 2022 1,4 millóns de euros a axudas para pemes e persoas traballadoras autónomas que teñan persoal contratado para que promovan a igualdade laboral, favorezan a conciliación e aposten pola Responsabilidade Social Empresarial (RSE). O ano pasado concedéronse 273 axudas no marco deste programa que se artella en tres liñas de apoio: a 1ª para a elaboración e implantación de plans de igualdade; a 2ª centrada na conciliación e a 3ª para a  obtención da validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de responsabilidade social empresarial.

Categorías

Actualidade axudas Conciliación igualdade laboral

Novas

Toda a actualidade e información de interese no ámbito da igualdade laboral.
A Xunta apoia a flexibilización horaria nas empresas a través da liña de axudas dirixida a pemes e autónomos, á que destina este ano 1,4 M€
23 Maio 2022
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha,...
SEGUIR LENDO >
Un total de 3.765 contratos temporais de mulleres transformáronse a indefinidos no último ano en Galicia grazas as actuacións da inspección laboral
20 Maio 2022
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha,...
SEGUIR LENDO >
A Xunta destaca a importancia de promover nos centros de traballo accións para facer fronte ao estrés e previr os riscos psicosociais
19 Maio 2022
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha,...
SEGUIR LENDO >
Que é o currículo cego?
19 Maio 2022
A igualdade de trato entre mulleres e homes aplicable...
SEGUIR LENDO >

Subscríbete ao noso boletín

E recibe todas as nosas novidades no teu correo electrónico.