Guía de indicios para a detección de vítimas de violencia de xénero
No marco do principio de igualdade entre mulleres e homes e a non discriminación, a Directiva (UE) 2024/1385 do Parlamento Europeo e do Consello, do 14 de maio de 2024, sobre a loita contra a violencia contra as mulleres e a violencia doméstica, ten como propósito, proporcionar un marco integral para previr e combater eficazmente a violencia contra as mulleres e a violencia doméstica.
A lei 7/23 para a Igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia regula a RSE das empresas en materia de igualdade. Como se recolle nesta Directiva, as persoas con funcións de supervisión no lugar de traballo, tanto no sector público como no privado, e as entidades empregadoras, deberán recibir información sobre os efectos da violencia contra as mulleres e a violencia doméstica no traballo e sobre o risco de violencia exercida por terceiros.
Por conseguinte, destacar que esta Guía é pioneira na aplicación da Directiva (EU) 2024/1385, e que como obxectivo xeral prestar apoio ás empresas e ás persoas traballadoras na prevención e a erradicación da violencia de xénero e as violencias contra as mulleres.
Se concibe como unha ferramenta de apoio dirixida a aquelas empresas que decidan adherirse a súa implementación, comprometéndose activamente a difundir este recurso entre os seus equipos. Este recurso ofrece orientacións básica que poden facilitar a identificación de situacións nas que unha traballadora estea sendo vítima de violencia de xénero na súa contorna persoal, ademais de pautas para solicitar axuda e afrontar a situación traumática que poidan estar vivindo.
Se estas interesado en adherirte ao programa de prevención da violencia de xénero a través da difusión entre o cadro de persoal da “Guía de indicios para a detección de vítimas de violencia de xénero para a empresa”, só tes que cumprimentar e firmar o seguinte anexo de adhesión e remitilo ao correo: dxviolenciaxenero.politicasocial@xunta.gal
A Xunta de Galicia outorga un novo recoñecemento as empresas comprometidas coa violencia de xénero. Esta iniciativa pon en valor o impulso que as empresas galegas estanlle dando á implantación de iniciativas como a Guía de indicios para a detección de vítimas de violencia de xénero para as empresas.
Este selo distingue ás empresas como axentes creadores de valor compartido e as sitúa como primeiras en avanzar cara un novo concepto de empresa comprometida coas situacións de violencia de xénero e que busca a súa total erradicación.
Rede de empresas
Coñece as entidades prescriptoras desta iniciativa: