Formación
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia ve fundamental asumir o compromiso de poñer en marcha este campus en liña coa finalidade de que toda persoa interesada en formarse en igualdade laboral poida facelo a través da participación en diferentes xornadas e cursos formativos nesta materia.
Asumindo por tanto un papel fundamental de facilitadores de acceso ao coñecemento tanto para homes como mulleres, de formación en igualdade laboral e de boas prácticas neste ámbito, que fomenten a igualdade de xénero e a non discriminación por razón de sexo, e así avanzar entre todos cara unha maior igualdade real e efectiva.
Obxectivos do campus en liña
SENSIBILIZAR
Acercar á sociedade á igualdade laboral a través de conceptos e teorías, co fin de fomentar a reflexión e un cambio de actitudes e valores que promovan o fin das desigualdades laborais entre mulleres e homes.
INTEGRAR
Incorporar a igualdade laboral en todos os ámbitos da sociedade, facilitando a profesionais de diferentes ámbitos unha formación para incorporar a diversidade e a non discriminación na súa práctica profesional; de tal xeito que se impulse un tecido empresarial máis responsable e un emprego de calidade.
FACILITAR
Ofrecer o material preciso para que as persoas participantes poidan desenvolver os coñecementos necesarios sobre a materia de maneira non presencial, optimizando a educación, en canto a tempo e organización, e poidan obter coñecementos básicos que lles permitan aplicar o principio de igualdade no seu exercicio profesional.
Cursos formativos

10º Edición: Curso sobre discriminación por xénero. Lexislación e xurisprudencia (15 h)
Todo o que debes coñecer sobre a discriminación por xénero

17º Edición: Curso teórico-práctico para a proteción fronte ao acoso no traballo (15 h)
Todo o que debes coñecer sobre a protección fronte ao

19º Edición: Curso básico en igualdade laboral (8 h)
19º Edición: Curso básico en igualdade laboral (8h) Adáptate á

13º Edición: Curso avanzado en igualdade laboral (35 h)
Todo o que debes coñecer sobre á nova normativa estatal



