Formación mixta de 2 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre a integración do principio de igual retribución por traballos iguais e de igual valor.
2 horas
Presencial ou por streaming
Idioma: galego
Certificado de aproveitamento ao completar o taller
Docentes
Beatriz Sueiro Padín, Inspectora de Traballo e Seguridade Social
Jose Fernando Lousada Arochena, Maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
Aprende ao teu ritmo
O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión presencial que se retrasmitirá por streaming e que se celebrará o 25 de febreiro de 2026 en horario de tarde (de 16:30 a 18:30 h) en Ourense (Confederación Empresarial de Ourense – Praza das Damas, 1, 32005 Ourense), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.
Que inclúe este taller?
O principio de igualdade retributiva. Ferramentas para a aplicación do principio de traballo de igual valor
A análise dos complementos salariais, extrasalariais, incentivos, beneficios sociais, etc. desde unha perspectiva de xénero
A aplicación de criterios obxectivos e neutros como garantía do principio de igualdade retributiva
Os criterios claros, obxectivos e neutros nos conceptos retributivos e complementos salariais e extrasalariais
O estudo de valoración de posto de traballo como base para a fixación da política retributiva
As medidas de acción positiva para reducir o eliminar a fenda salarial de xénero
Ferramentas: O rexistro retributivo e a auditoría retributiva
As obrigas por chegar: a Directiva sobre transparencia retributiva e vías de reparación e cumprimento efectivo (ainda en prazo de transposición).
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
A duración desta sesión será de 2 horas e adecuaranse á seguinte estrutura:
16:00 – 16:30 h Café de benvida
16:30 – 16:40 h Presentación da xornada
Pablo Fernández López. Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia
16:40 – 17:20 h Igualdade e transparencia retributiva dende a perspectiva da Inspección de Traballo
Beatriz Sueiro Padín. Inspectora de Traballo e Seguridade Social
17:20 – 17:35 h Rolda de consultas
17:35 – 18:15 h Transparencia retributiva e vías de reparación e cumprimento efectivo: a Directiva (UE) 2023/970
Jose Fernando Lousada Arochena. Maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
18:15 – 18:30 h Rolda de consultas
Consulta o programa da xornada: Aquí.
Duración
Entre o 25/02/2026 e o 04/03/2026.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión presencial retrasmitida por streaming que se celebrará o día 25 de febreiro de 2026 de 16:30 a 18:30 h.
Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o mércores 4 de marzo de 2026 para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.
Certificado de aproveitamento
Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademais de ter asistir á xornada, presencialmente ou por streaming, deberá responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.
Inscrición
- Para asistencia presencial: prema Aquí.
- Para streaming: accede coas túas credenciais ao Campus en liña de Igualdade Laboral e inscríbete no taller.
O prazo de inscrición finaliza o 24 de febreiro de 2026 ás 23:59 horas.