Desafíos e oportunidades para un mercado de traballo sen estereotipos de xénero

Formación en liña de 2 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre a presenza equilibrada de mulleres e homes en todos os niveis da empresa e a eliminación da segregación vertical e/o horizontal.

2 horas

En liña

Idioma: galego

Certificado de aproveitamento ao completar o taller

Docentes

Mónica González Otero, Inspectora de Traballo e Seguridade Social

María Ángeles García Pérez, Consultora especializada en materia de Igualdade Laboral

Aprende ao teu ritmo

O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión en liña e que se celebrará o 29 de xaneiro de 2026 en horario de tarde (de 16:30 a 18:30 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.

Que inclúe este taller?

Análise das causas da infrarrepresentación feminina nas condicións de traballo

A incorporación de medidas fronte á segregación laboral entre mulleres e homes:

  • – Medidas que se poden ter en conta para as persoas do sexo infrarrepresentado no grupo profesional ou debido a que se vaia a cubrir.
  • – Medidas de acción positiva para que, en idénticas condicións de idoneidade, teñan preferencia as persoas do sexo infrarrepresentado para o acceso á xornada a tempo completo ou á contratación indefinida.

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

A duración desta sesión será de 2 horas e adecuaranse á seguinte estrutura:

16:30 – 16:40 h Presentación da xornada

Pablo Fernández López. Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia

16:40 – 17:25 h Causas de infrarrepresentación feminina nas condicións de traballo

Mónica González Otero. Inspectora de Traballo e Seguridade Social

17:25 – 17:35 h Rolda de consultas

17:35 – 18:20 h A incorporación de medidas fronte á segregación laboral entre mulleres e homes

María Ángeles García Pérez. Consultora especializada en materia de Igualdade Laboral

18:20 – 18:30 h Rolda de consultas

Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademais de ter asistido á xornada en liña, deberá responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.

Duración

Entre o 29/01/2026 e o 05/02/2026.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o día 29 de xaneiro de 2026 de 16:30 a 18:30 h.

Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o xoves 5 de febreiro de 2026 para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 28 de xaneiro de 2026 ás 23:59 horas.
Prazas limitadas.
Quero incribirme ao taller.