Formación en liña de 2 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cual se pretende afondar no contido da Guía de indicios para a deteción de vítimas de violencia de xénero para as empresas, impulsada pola Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións laborais, co obxectivo de prestar apoio ás empresas e ás persoas traballadoras na prevención e a erradicación da violencia de xénero e as violencias contra as mulleres, centrándose en explicar cómo actuar de maneira eficaz na contorna laboral ante situacións de violencia de xénero, dar a coñecer os indicios compatibles cunha situación de violencia de xénero e informar dos recursos que hai en Galicia a disposición das vítimas.
2 horas
Presencial e por streaming
Idioma: galego
Certificado de aproveitamento ao completar o taller
Relatora
María Ángeles García, Consultora especializada en materia de igualdade laboral
Aprende ao teu ritmo
O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión presencial que será retrasmitida tamén por streaming e que terá lugar o 17 de decembro de 2025 en horario de tarde (de 16:30 a 18:30h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.
Que inclúe este taller?
Saber como actuar de maneira eficaz na contorna laboral ante situacións de violencia de xénero
Coñecer os indicios compatibles cunha situación de violencia de xénero
Coñecer os recursos que hai en Galicia a disposición das vítimas
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
A duración desta sesión será de 2 horas e adecuarase á seguinte estrutura:
16:00 – 16:30 h Café de benvida
16:30 – 16:40 h Presentación da xornada
Pablo Fernández López. Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia
16:40 – 18:15 h A actuación das empresas ante a violencia de xénero
María Ángeles García. Consultora especializada en materia de igualdade laboral
18:15 – 18:30 h Rolda de consultas
Para inscribirse á xornada presencial e consultar o programa debe premer AQUÍ e para seguir a sesión por streaming encontrará indicacións ao inscribirse no taller.
Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademáis de asistir á xornada, presencialmente ou por streaming, deberá responder satisfactoriamente, polo menos ao 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.
Duración
Entre o 17/12/2025 e o 24/12/2025.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión presencial e que se retrasmitirá tamén por streaming, que se celebrará o día 17 de decembro de 2025 de 16:30 a 18:30 h.
Así mesmo, as persoas participantes terán ata o mércores 24 de decembro de 2025 para responder ao test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización disporase das 24 horas do día, todos os días da semana.
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o 16 de decembro de 2025 ás 23:59 horas.
Prazas limitadas.
Quero incribirme ao taller.