Fomento da presenza de mulleres nas empresas técnicas, tecnolóxicas e outras áreas STEM. Medidas de selección e promoción

Formación en liña de 2 horas e 30 minutos en materia de Igualdade Laboral a través da cual se pretende expoñer o nivel de ocupación da muller en empresas técnicas, tecnolóxicas e doutras áreas STEM, así como analizar as causas de segregación ocupacional por xénero neste ámbito e as boas prácticas levadas a cabo por empresas a nivel nacional e propoñer medidas para adoptar nos procesos de selección e promoción profesional, incluíndo medidas para a atracción e retención do talento.

2 horas e 30 minutos

Presencial e por streaming

Idioma: galego

Certificado de aproveitamento ao completar o taller

Relatora

Beatriz Sueiro Padín, Inspectora de Traballo e Seguridade Social

Aprende ao teu ritmo

O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión presencial que será retrasmitida tamén por streaming e que terá lugar o 25 de febreiro de 2025 en horario de tarde (de 16:30 a 19:00h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.

Que inclúe este taller?

Análise da presenza de mulleres en áreas relacionadas con STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics) desde a educación básica ata a carreira profesional

Causas desta infrarrepresentación

Medidas para combater estas desigualdades

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

A duración desta sesión será de 2 horas e 30 minutos e adecuarase á seguinte estrutura:

16:00 – 16:30 h Café de benvida

16:30 – 16:40 h Presentación da xornada

Pablo Fernández López. Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia

16:40 – 18:15 h Fomento da presenza das mulleres en áreas STEM. Medidas de selección e promoción

Beatriz Sueiro Padín. Inspectora de Traballo e Seguridade Social

18:15 – 18:30 h Rolda de consultas

18:30 – 18:50 h A promoción do talento feminino en empresas de enxeñería

Representante de AGEINCO

18:50 – 19:00 h Rolda de consultas

Para inscribirse á xornada presencial e consultar o programa debe clikar AQUÍ e para seguir a sesión por streaming encontrará indicacións ao inscribirse no taller.

Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademáis de asistir á xornada, presencialmente ou por streaming, deberá responder satisfactoriamente, polo menos ao 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.

Duración

Entre o 25/02/2025 e o 04/03/2025.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión presencial e que se retrasmitirá tamén por streaming, que se celebrará o día 25 de febreiro de 2025 de 16:30 a 19:00 h.

Así mesmo, as persoas participantes terán ata o martes 4 de marzo de 2025 para responder ao test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización disponrase das 24 horas do día, todos os días da semana.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 24 de febreiro de 2025 ás 23:59 horas.

Prazas limitadas.
Quero incribirme ao taller.