Transformación das organizacións e innovación desde a perspectiva de xénero

Formación en liña de 2 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se afondará en como integrar a perspectiva de xénero en todos os aspectos do proceso de innovación.

Durante a sesión, abordarase como esta integración non só fomenta mellores resultados en termos de eficiencia e adaptación, senón que tamén contribúe a crear organizacións máis equitativas e unha sociedade máis inclusiva.

2 horas

En liña

Idioma: galego

Certificado de aproveitamento ao completar o taller

Docente

María Ángeles García, Consultora especializada en materia de igualdade laboral

Aprende ao teu ritmo

O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 29 de novembro de 2024 en horario de tarde (de 16:30 a 18:30 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.

Que inclúe este taller?

Como adoptar un enfoque de innovación que teña en conta a perspectiva de xénero.

Iniciativas impulsadas pola CMIC e ONU Mulleres

Inclusión da perspectiva de xénero en todas as etapas do proceso de innovación:

  • Deseño
  • Implementación
  • Avaliación
  • Ampliación
  • Sostenibilidade

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

A duración desta sesión será de 2 horas e adecuaranse á seguinte estrutura:

16:30 – 16:40 h Presentación do taller

Representante da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia

16:40 – 18:15 h Transformación das organizacións e innovación desde a perspectiva de xénero

María Ángeles García, Consultora especializada en materia de igualdade laboral

18:15 – 18:30 h Rolda de consultas

Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademais de ter asistido á sesión en liña, deberá responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.

Duración

Entre o 29/11/2024 e o 06/12/2024.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o día 29 de novembro de 2024 de 16:30 a 18:30 h.

Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o venres 6 de decembro de 2024 para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 28 de novembro de 2024 ás 23:59 horas.

Prazas limitadas.
Quero inscribirme ao taller.