Formación en liña de 2 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende abordar a evolución, os coñecementos e a situación dos dereitos de conciliación no ordenamento xurídico español e a posibilidade do seu exercicio.
2 horas
Presencial e por streaming
Idioma: galego
Certificado de aproveitamento ao completar o taller
Docente
Raquel María Naveiro Santos, Maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
Aprende ao teu ritmo
O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión presencial que será retrasmitida tamén por streaming e que terá lugar o 26 de setembro do 2024 en horario de tarde (de 16:30 a 18:30 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.
Que inclúe este taller?
Evolución histórica e evolución lexislativa en España dos dereitos de conciliación
Os dereitos de conciliación en España
Pronunciamentos da Xurisdicción Social
- Pronunciamentos que foron delimitando diferentes cuestións sobre o exercicio do dereito de conciliación
- Pronunciamentos referidos a como o exercicio dos dereitos de conciliación afectan a outras condicións de emprego.
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
A duración desta sesión será de 2 horas e adecuarase á seguinte estrutura:
16:00 – 16:30 h Café de benvida
16:30 – 16:40 h Presentación da xornada
Pablo Fernández López. Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia
16:40 – 18:15 h Permisos e corresponsabilidade
Raquel María Naveiro Santos. Maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
18:15 – 18:30 h Rolda de consultas
Para inscribirse á xornada presencial e consultar o programa debe premer AQUÍ e para seguir a sesión por streaming encontrará indicacións ao inscribirse no taller.
Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademáis de asistir á xornada, presencialmente ou por streaming, deberá responder satisfactoriamente, polo menos ao 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.
Duración
Entre o 26/09/2024 e o 03/10/2024.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión presencial e que se retrasmitirá tamén por streaming, que se celebrará o día 26 de setembro de 2024 de 16:30 a 18:30 h.
Así mesmo, as personas participantes terán ata o xoves 3 de outubro de 2024 para responder ao test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización disporase das 24 horas do día, todos os días da semana.
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o 25 de setembro de 2024 ás 23:59 horas.
Prazas limitadas.
Quero incribirme ao taller.