Formación en liña de 2 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre o análise e estudo do contido laboral da Lei 7/2023, do 3o de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes en Galicia.
2 horas
Presencial e por streaming
Idioma: galego
Certificado de aproveitamento ao completar o taller
Docentes
Jose Fernando Lousada Arochena, Maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
Aprende ao teu ritmo
O taller formativo se levará a cabo a través dunha sesión presencial que será retrasmitida tamén por streaming e que terá lugar o 20 de marzo de 2024 en horario de tarde (de 16:15 a 18:15 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.
Que inclúe este taller?
O dereito á igualdade entre mulleres e homes (Título I da Lei 7/2023): aproximación aos conceptos: igualdade de trato e oportunidades; discriminación directa e indirecta; acoso; discriminación por maternidade, por paternidade e por coidados; discriminación por asociación e por erro; discriminación múltiple e interseccional; accións positivas; composición equilibrada, xénero.
Igualdade de mulleres e homes no emprego e nas relacións laborais (Análise e estudo das medidas contidas no Título III da Lei 7/2023)
Transversalidade de xénero nas competencias autonómicas no eido do emprego e das relacións laborais
Sustentabilidade social empresarial e benestar social: vellas fórmulas con novos envoltorios e contidos máis ambiciosos
Igualdade de xénero nas políticas de seguranza e de saúde no traballo para acadar o benestar laboral
A Certificación Galega de Excelencia en Igualdade
Promoción da igualdade de xénero nas políticas activas de emprego
Promoción da igualdade de xénero na formación profesional para o emprego
Medidas especiais en relación con sectores produtivos feminizados e con traballos feminizados non visibilizados nin valorados
Promoción da igualdade de xénero na negociación colectiva.
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
A duración desta sesión será de 2 horas e se adecuará á seguinte estrutura:
16:00– 16:15 h Recepción de asistentes
16:15 – 16:20 h Presentación da xornada
Representante da Xunta de Galicia
16:20 – 18:00 h Análise e estudo do contido laboral da Lei 7/2023 do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes en Galicia
Jose Fernando Lousada Arochena. Maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
18:00 – 18:15 h Rolda de consultas
18:15 – 18:45 h Café networking
Para inscribirse á xornada presencial e consultar o programa debe clikar AQUÍ e para seguir a sesión por streaming encontrará indicacións ao inscribirse no taller.
Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademais de asistir á xornada, presencialmente ou por streaming, deberá responder satisfactoriamente, polo menos ao 70 % das cuestións expostas no test de evaluación que estará a súa disposición no Campus en liña.
Duración
Entre o 20/03/2024 e o 27/03/2024.
O taller se levará a cabo a través dunha sesión presencial e que se retrasmitirá tamén por streaming, que se celebrará o día 20 de marzo de 2024 de 16:15 a 18:15 h.
Así mesmo, as personas participantes terán ata o mércores 27 de marzo de 2024 para responder ao test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o 19 de marzo de 2024 ás 23:59 horas.
Prazas limitadas.
Quero incribirme ao taller.