
Este curso, totalmente gratuíto, permitirá, ás persoas participantes, afondar en conceptos teóricos e ferramentas prácticas que é necesario coñecer para entender correctamente os mandatos normativos e para aplicar e interpretar leis e sentenzas.
Trátase dun curso de 15 horas de duración que complementa os cursos onde se estudan as leis e sentenzas nas diversas materias sobre igualdade, pois o contido do mesmo non é estudar esas leis e sentenzas, senón as chaves a través das cales poidamos comprender o súa finalidade e alcance.
Juana María Gil Ruíz, Catedrática de Fisolofía do Dereito na Universidade de Granada
José Fernando Lousada Arochena, Maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
Ricardo Pedro Ron Latas, Profesor de Dereito do Traballo na Universidade da Coruña
Isabel Olmos Parés, Maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
Raquel Naveiro Santos, Maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
Yolanda Maneiro Vázquez, Profesora de Dereito do Traballo na Universidade de Santiago de Compostela
Jaime Cabeza Pereiro, Catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social na Universidade de Vigo
Rosa María Rodríguez Martín-Retortillo, Profesora de Dereito do Traballo da Universidade de Vigo
Silvia Fernández Martínez, Profesora de Dereito do Traballo da Universidade de Santiago de Compostela
Sandra García Lombardía, Inspectora de Traballo e Seguridade Social.
O curso estará composto por 12 temas formativos impartidos de forma pre-gravada por persoas expertas na materia.
Adicionalmente, levarase a cabo unha sesión en liña voluntaria de 1 hora de duración na que o alumnado conectarase de maneira síncrona xunto coa persoa docente, José Fernando Lousada Arochena, permitindo que as persoas participantes teñan a oportunidade de intercambiar coñecementos e experiencias e interactuar entre elas.
O alumnado poderá acceder aos distintos contidos teóricos formativos e ás pílulas audiovisuais do curso durante todo o período de vixencia do mesmo.
O curso está composto por 12 temas formativos:
Esta sesión en liña celebrarase o martes 13 de maio de 16:30 a 17:30 horas. Con anterioridade á sesión, recomendase que o alumnado visualice a pre- gravación asíncrona e revise a documentación que está a súa disposición na plataforma de teleformación.
Os requisitos para obter o certificado de aproveitamento do curso formativo serán:
Ás persoas que participan nos procesos de selección, contratación, negociación colectiva, avaliación da actividade preventiva, avaliación de postos de traballo e comunicación e, en xeral, en procesos e proxectos que se enmarcan no ámbito das relacións laborais na aplicación do principio de igualdade.
Entre o 25/04/2025 e o 25/05/2025.
Para a súa realización disporase das 24 horas do día, todos os días da semana.
O prazo de inscrición finaliza o 23 de abril de 2025.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou as identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a certas características e funcións.