7º Edición: Curso teórico-práctico para a protección integral fronte ao acoso no traballo (15 h)

Todo o que debes coñecer sobre a protección fronte ao acoso no entorno laboral

Este curso, totalmente gratuíto, permitirá, ás persoas participantes, afondar en conceptos de acoso sexual e por razón de sexo, facilitando a identificación de conductas que poden ser constitutivas do mesmo, así como sobre a protección integral da liberdade sexual e da integridade moral no traballo. 

Trátase da unificación dos contidos do Curso teórico-práctico sobre a prevención e tratamento do acoso sexual e por razón de sexo no traballo (10h) e o Curso teórico práctico para a protección integral da liberdade sexual e da integridade moral no traballo (5h).

Docente

Sandra García Lombardía, Inspectora de traballo e seguridade social.

Aprende ao teu ritmo

O curso estará composto por un módulo teórico e un módulo práctico que combinarán elementos e actividades síncronas e asíncronas co obxectivo de que a experiencia do alumnado sexa a máis satisfactoria posible, permitindo que as persoas participantes poidan aprender ao seu propio ritmo e horario e, ao mesmo tempo, teñan a oportunidade de intercambiar coñecementos e experiencias e interactuar entre elas.

O alumnado poderá acceder aos distintos contidos teóricos formativos e ás pílulas audiovisuais do curso durante todo o período de vixencia do mesmo.

Que inclúe este curso?

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

O curso levarase a cabo entre o 26 de abril e o 30 de maio do 2024 e constará dunha parte pre-gravada (módulo teórico asíncrono) e de sesións en liña (módulo práctico síncrono).

A duración do curso será de 15 horas e este se adecúa á seguinte estrutura:

  • Módulo teórico (6 h)
  • Módulo práctico (9 h)

Módulo teórico

Este módulo estará composto por pílulas formativas de 6 horas de duración (asíncronas) a través das cales a docente exporá os contidos formativos do curso que estarán desagregados en dez temas vinculados a materia:

Tema 1: Marco normativo internacional e interno. Disposicións nas normativas de interese. Especial referencia ao acordo marco Europeo sobre violencia e acoso no traballo de 2007 e ao Convenio 190 da OIT sobre violencia e acoso no mundo do traballo

Tema 2: Aproximación conceptual ao acoso no traballo: Concepto de acoso no Convenio 190 da OIT. Tipoloxía de acosos: sexual, por razón de sexo, por razón de orientación sexual, expresión ou identidade de xénero, outros acosos discriminatorios e acoso moral, psicolóxico ou mobbing. Violencias dixitais e ciberacoso

Tema 3: Consecuencias psicolóxicas do acoso. Algunhas cifras e estatísticas sobre o acoso no traballo

Tema 4: Fundamento normativo do deber de protección do empregador/a fronte ao acoso no traballo

Tema 5: Tratamento destas conductas dende a perspectiva da seguridade e saúde no traballo

Tema 6: O protocolo para a prevención e tratamento do acoso no traballo. Negociación e contido

Tema 7: Tutela administrativa fronte ao acoso no traballo (Inspección de traballo)

Tema 8: Tutela xudicial na orde social e na orde penal fronte ao acoso no traballo

Tema 9: Breve referencia ao tratamento do acoso nas Administracións Públicas

Tema 10: Violencias de xénero e violencias sexuais: Dereitos e garantías das vítimas

Módulo práctico

Neste caso, levarase a cabo 3 sesións en liña de 3 horas de duración nas que o alumnado conectarase de maneira  síncrona xunto coa persoa docente.

1ª Sesión en liña (Luns, 13 de maio de 16:00 a 19:00): Análise práctica do modelo de protocolo para a prevención e tratamento das condutas contra a liberdade sexual e a integridade moral no traballo e da súa aplicación, con especial referencia a: Contido das medidas preventivas; Contido dos procedementos de actuación e Fases e implicacións prácticas na aplicación dos procedementos de actuación.
 
2ª sesión en liña (Luns, 20 de maio de 16:00 a 19:00): Análise de casos prácticos relativos á tutela da integridade moral no traballo.
Nesta sesión traballarase nos casos prácticos relativos á tutela da integridade moral no traballo postos a disposición do alumnado a través da plataforma de teleformación. 
 
3ª sesión en liña (Luns, 27 de maio de 16:00 a 19:00): Análise de casos prácticos relativos á tutela da liberdade sexual no traballo 
Nesta sesión traballarase nos casos prácticos relativos á tutela da liberdade sexual no traballo postos a disposición do alumnado a través da plataforma de teleformación.

Os requisitos para obter o certificado de aproveitamento do curso formativo serán:

  • Responder satisfactoriamente, polo menos, o 70% das cuestións expostas nun dos test de avaliación que figura no módulo teórico 
  • Asistir e participar activamente na 2º e 3º sesión práctica en liña que se celebran os luns 20 e 27 de maio, respectivamente.

Protección integral fronte ao acoso no traballo

A quen vai dirixido?

Ás persoas que participan nos procesos de selección, contratación, negociación colectiva, avaliación da actividade preventiva, avaliación de postos de traballo e comunicación e, en xeral en procesos e proxectos que se enmarcan no ámbito das relacións laborais na aplicación do principio de igualdade.

En concreto, a responsables da implantación do protocolo de prevención e actuación por acoso laboral (Responsable de recursos humanos; persoas técnico; persoal de administración).

Carácter preferente

Hai un total de 100 prazas!

Por orde de inscrición, darase preferencia ás persoas traballadoras por conta allea ou por contra propia.

Duración

Entre o 26/04/2024 e o 30/05/2024.
Para a súa realización disporase das 24 horas do día, todos os días da semana.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 24 de abril de 2024.
Prazas limitadas.

Máis cursos en liña