Formación en liña de 8 horas en materia de Igualdade Laboral que se desenvolverá entre o 3 e o 31 de outubro do 2022 a través da cal se facilita ao tecido empresarial a incorporación da igualdade laboral, acercando os coñecementos necesarios sobre a negociación dos plans de igualdade, diagnose, igualdade retributiva, medidas para fomentar a igualdade laboral e os protocolos para loitar contra o acoso sexual e por razón de sexo. Para apuntarse no curso, hai que facelo antes do 28 de setembro de 2022 a través do campus formativo.
Docentes
- Sandra García Lombardía, Inspectora de traballo e seguridade social.
- María Ángeles García Pérez, Consultora especializada en materia de igualdade laboral.
- María Teresa Pedrosa Silva, Inspectora de traballo e seguridade social.
A duración deste curso será de 8 horas e está composto por 3 módulos:
- Negociación do Plan de Igualdade
- Contido do Plan de Igualdade. Seguimento e avaliación
- Rexistro e auditoría retributiva
O único requisito para obter o certificado de aproveitamento do curso será visualizar as pílulas audiovisuais e responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará dispoñible no campus en liña.