Este curso, totalmente gratuíto, permitirá, ás persoas participantes, profundar en conceptos de acoso sexual e por razón de sexo, facilitando a identificación de conductas que poden ser constitutivas do mesmo, así como sobre a protección integral da liberdade sexual e da integridade moral no traballo.
Trátase da unificación dos contidos do Curso teórico-práctico sobre a prevención e tratamento do acoso sexual e por razón de sexo no traballo (10h) e o Curso teórico práctico para a protección integral da liberdade sexual e da integridade moral no traballo (5h).
Sandra García Lombardía, Inspectora de traballo e seguridade social.
O curso estará composto por un módulo teórico e un módulo práctico que combinarán elementos e actividades síncronas e asíncronas co obxectivo de que a experiencia do alumnado sexa a máis satisfactoria posible, permitindo que as persoas participantes poidan aprender ao seu propio ritmo e horario e, ao mesmo tempo, teñan a oportunidade de intercambiar coñecementos e experiencias e interactuar entre elas.
O alumnado poderá acceder aos distintos contidos teóricos formativos e ás pílulas audiovisuais do curso durante todo o período de vixencia do mesmo.
O curso levarase a cabo entre o 26 de outubro e o 26 de novembro do 2023 e constará dunha parte pre-gravada (módulo teórico asíncrono) e de sesións en liña (módulo práctico síncrono).
A duración do curso será de 15 horas e este se adecúa á seguinte estrutura:
Este módulo estará composto por pílulas formativas de 6 horas de duración (asíncronas) a través das cales a docente exporá os contidos formativos do curso que estarán desagregados en dez temas vinculados a materia:
Tema 1: Marco normativo internacional e interno. Disposicións nas normativas de interese. Especial referencia ao acordo marco Europeo sobre violencia e acoso no traballo de 2007 e ao Convenio 190 da OIT sobre violencia e acoso no mundo do traballo
Tema 2: Aproximación conceptual ao acoso no traballo: Concepto de acoso no Convenio 190 da OIT. Tipoloxía de acosos: sexual, por razón de sexo, por razón de orientación sexual, expresión ou identidade de xénero, outros acosos discriminatorios e acoso moral, psicolóxico ou mobbing. Violencias dixitais e ciberacoso
Tema 3: Consecuencias psicolóxicas do acoso. Algunhas cifras e estatísticas sobre o acoso no traballo
Tema 4: Fundamento normativo do deber de protección do empregador/a fronte ao acoso no traballo
Tema 5: Tratamento destas conductas dende a perspectiva da seguridade e saúde no traballo
Tema 6: O protocolo para a prevención e tratamento do acoso no traballo. Negociación e contido
Tema 7: Tutela administrativa fronte ao acoso no traballo (Inspección de traballo)
Tema 8: Tutela xudicial na orde social e na orde penal fronte ao acoso no traballo
Tema 9: Breve referencia ao tratamento do acoso nas Administracións Públicas
Tema 10: Violencias de xénero e violencias sexuais: Dereitos e garantías das vítimas
Neste caso, levarase a cabo 3 sesións en liña de 3 horas de duración nas que o alumnado conectarase de maneira síncrona xunto coa persoa docente.
Os requisitos para obter o certificado de aproveitamento do curso formativo serán:
Ás persoas que participan nos procesos de selección, contratación, negociación colectiva, avaliación da actividade preventiva, avaliación de postos de traballo e comunicación e, en xeral en procesos e proxectos que se enmarcan no ámbito das relacións laborais na aplicación do principio de igualdade.
En concreto, a responsables da implantación do protocolo de prevención e actuación por acoso laboral (Responsable de recursos humanos; persoas técnico; persoal de administración).
Hai un total de 100 prazas!
Por orde de inscrición, darase preferencia ás persoas traballadoras por conta allea ou por contra propia.
Entre o 26/10/2023 e o 26/11/2023.
Para a súa realización disporase das 24 horas do día, todos os días da semana.
O prazo de inscrición finaliza o 24 de outubro de 2023.
Prazas limitadas.
Información mantida e publicada na Internet pola Xunta de Galicia