10º Edición: Curso teórico-práctico sobre a prevención e tratamento do acoso sexual e por razón de sexo no traballo (10 h)

Todo o que debes coñecer sobre o acoso sexual e por razón de sexo no entorno laboral

Este curso, totalmente gratuíto, permitirá ás persoas participantes afondar en conceptos de acoso sexual e por razón de sexo, facilitando a identificación de condutas que poden ser constitutivas do mesmo.

Ase mesmo, nesta formación trataránse as consecuenzas xurídicas de acoso e a súa tipificación no orden penal e administrativo, así como a aplicación de políticas de prevención e tratamento do acoso sexual e por razón de sexo no traballo, proporcionando ás persoas participantes as ferramentas e modelos para a posta en práctica de ditas políticas e as orientacións prácticas para a investigación de situacións de acoso sexual e por razón de sexo no traballo.

Docente

Sandra García Lombardía, Inspectora de traballo e seguridade social.

 

Aprende ao teu ritmo

O curso estará composto por un módulo teórico e un módulo práctico que combinarán elementos e actividades síncronas e asíncronas co obxectivo de que a experiencia do alumnado sexa a máis satisfactoria posible, permitindo que as persoas participantes poidan aprender ao seu propio ritmo e horario e, ao mesmo tempo, teñan a oportunidade de intercambiar coñecementos e experiencias e interactuar entre elas.

Que inclúe este curso?

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

A duración do curso será de 10 horas e este se adecúa á siguinte estrutura:

  • Módulo teórico (6,5 h)
  • Módulo práctico (3,5 h)

Módulo teórico

Este módulo estará composto por pílulas formativas de 4 horas de duración (asíncronas) a través das cales a persoa docente exporá os contidos formativos do curso que estarán desagregados en sete temas vinculados á materia:

Tema 1: O acoso sexual e o acoso por razón de sexo no traballo: marco normativo, conceptualización, elementos e exemplos de condutas

Tema 2: Obrigas das empresas, da representación legal das persoas traballadoras e das persoas traballadoras ante o acoso sexual e por razón de sexo no traballo.

Tema 3: A integración da prevención do acoso sexual e por razón de sexo na xestión da prevención de riscos laborais na empresa.

Tema 4: O protocolo para a prevención e tratamento das situacións de acoso sexual e por razón de sexo no traballo.

Tema 5: A tutela administrativa e xudicial ante as situacións de acoso sexual e por razón de sexo no traballo.

Tema 6: O acoso sexual e por razón de sexo nas Administracións Públicas: especialidades.

Tema 7: O acoso sexual e por razón de sexo como manifestación da violencia de xénero no lugar de traballo: consecuencias xurídicas e protección das vítimas.

Ase mesmo, levarase a cabo unha sesión en liña de asistencia obrigatoria, na que as persoas que superen o test de avaliación poderán afondar sobre as ferramentas e modelos proporcionados, así como sobre os aspectos prácticos de aplicación dun protocolo de acoso (sesión en liña_Protocolo de acoso). Esta sesión cunha duración de 2,5 h terá lugar o 27 de abril en sesión de tarde.

Módulo práctico

O módulo práctico combinará a explicación dos casos prácticos que deberán ser resoltos polas persoas participantes de maneira individual (gravación asíncrona de 1 h de duración) cunha sesión en liña de asistencia obrigatoria (sesión en liña_Resolución de casos prácticos) na que o alumnado exporá os seus traballos, recibirán feedback e traballarán nun debate conxunto. Esta sesión terá unha duración de 2,5 h e celebrarase o 4 de maio en sesión de tarde.

Prevención do acoso sexual e por razón de sexo no traballo

A quen vai dirixido?

A responsables da implantación do protocolo de prevención e actuación por acoso laboral.

Carácter preferente:
Hai un total de 100 prazas!

Por orde de inscrición, darase preferencia ás persoas que cumpran os seguintes requisitos:

1. Pertencer a unha empresa onde non haxa persoas que xa obtiveron o certificado de aproveitamento deste curso.

2. Ocupación: Persoas traballadoras por conta allea ou por conta propia.

3. Perfil: Perfís relacionados coa implantación dun protocolo de acoso (Responsable de recursos humanos; persoas técnico; persoal de administración).

Duración

Entre o 10/04/2023 e o 05/05/2023.
Para a súa realización disporase das 24 horas do día, todos os días da semana.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 31 de marzo de 2023.
Prazas limitadas.

Máis cursos en liña